A ETSE celebra o patrón Leonardo da Vinci destacando o seu crecemento e conexión co tecido empresarial

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría entregou numerosos premios e acolleu un relatorio do CEO de Plexus Tech, Antonio Agrasar

As autoriaddes académicas e o relator no acto. / Iria Lema.

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebrou o pasado xoves a festividade do seu patrón, Leonardo da Vinci, cun acto institucional no que se puxo en valor tanto o crecemento do centro nos últimos anos como a súa estreita relación co ámbito empresarial.

A directora da Escola, Julia González, foi a encargada de poñer en palabras estas ideas nun acto que contou coa inauguración por parte do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López.

Durante a celebración, presentouse tamén o informe da memoria de actividades do pasado curso, a cargo da secretaria do centro, Nelly Condori Fernández. A ETSE imparte actualmente tres graos, un dobre grao e oito mestrados, e conta cun crecemento sostido do seu estudantado, que aumentou máis dun 20% nos últimos tres anos.

“Todo este crecemento -explicou a directora- foi posible grazas á cesión de espazos no edificio Emprendia por parte da nosa Universidade, aínda que temos que seguir planificándoos para garantir a súa dispoñibilidade para o curso 26-27”, sinalou Julia González.

Ademais, tivo palabras de ánimo para o alumnado que está a piques de incorporarse ao mercado laboral, así como para as empresas colaboradoras, ás que cualificou como “ferramentas clave en actividades como as visitas técnicas, as prácticas en empresa, a titorización de traballos de fin de grao e de mestrado, a participación nos comités externos dos títulos, nas actividades da Aula Profesional ou en iniciativas académicas como o Proxecto Integrador en IA”.

 

Recoñecemento ao alumnado

Os premios extraordinarios fin de carreira 2023-2024 foron outorgados a Rodrigo Tasende Reboredo, Andrea Rojas Novoa, Cristina López Amado, Raúl José Salgado García, Guillermo Martín Atanes, José Luis Ares Sainz, Monya Tayebi Hillali, Alberto Fernández López, Manuel Bendaña Gómez e Tomás Benavides Álvarez.

Os galardóns aos mellores Traballos de Fin de Grao recaeron en Andrea Rojas Novoa, Jacobo Torres Pérez, Rodrigo Tasende Reboredo, Cristina López Amado, Raúl José Salgado García e Manuel Timiraos López.

No caso dos Traballos de Fin de Mestrado, foron premiados Guillermo Martín Atanes, Alberto Fraile de Benito, José Luis Ares Sainz, Mario Nicolás Sebastián Lama Cerda, Noel Fabello Quintana, Alberto Fernández López, Manuel Bendaña Gómez e Tomás Benavides Álvarez.

Tamén houbo un recoñecemento para as persoas gañadoras dos Premios á Calidade Lingüística. Por outra banda, 0s Premios Beatrice Alice Hicks, destinados ao alumnado máis comprometido coa participación universitaria, foron para Alberto Pisco Domínguez e Antón Vázquez Seoane.

En canto aos premios concedidos por empresas, destaca o Premio Altia ao mellor TFG no Grao en Enxeñaría Informática, que recibiu Martín Omil Nogales polo traballo ‘Mis pictocuentos’. A Cátedra Institucional de Transición Enerxética Genesal Energy da USC galardoou a Emmanuel Jean Daniel Pic Munuera e Paula García-Fraile Sánchez. O premio ViAQUA ao mellor TFM no Máster en Enxeñaría Ambiental foi para Guillermo Martín Atanes, mentres que o premio DXC ao mellor TFM no Máster en Tecnoloxías de Análise de Masivos: Big Data foi para Nicolás Vilela Pérez.

 

Premios ao profesorado

Os Premios Leonardo á iniciación á docencia foron para Francisco Javier Cardama Santiago e Alejandro Gracia di Rienzo. Os premios Leonardo á docencia recoñeceron a Adrián Sánchez Fernández, Marta Carballa Arcos, Ana Mª Soto Campos, Alejandro Catalá Bolos, Juan Carlos Pichel Campos, Alberto J. Bugarín Diz, Jorge Alberto Suárez Garea, Ángel Manuel González Rueda, entre outros.

No ámbito da investigación, os premios Leonardo foron para Mª Teresa Moreira Vilar, Gumersindo Feijoo Costa, Daniel José Franco Ruíz, Paulo Félix Lamas, Paula López Martínez e Manuel Fernández Delgado.

Os Premios Ángela Ruíz Robles á excelencia docente foron outorgados a José Antonio Aldrey Vázquez, Cristina Díaz Jullien e Paulo Félix Lamas, mentres que o de excelencia investigadora foi para Gumersindo Feijoo Costa.

 

Relatorio de Antonio Agrasar

O relatorio principal da xornada correu a cargo de Antonio Agrasar Cascallar, fundador e CEO de Plexus Tech. Baixo o título ‘Aprender, Adaptarse, Innovar: O ciclo da Tecnoloxía con Alma’, Agrasar compartiu a súa traxectoria profesional e visión sobre a innovación. Agrasar estudou Ciencias Físicas na USC e fundou Plexus no ano 2000. Hoxe, a compañía conta con máis de 4.000 profesionais e presta servizos a case o 80 % das empresas do IBEX35.

Plexus participa activamente nos Comités Externos dos Graos en Enxeñaría Informática e Intelixencia Artificial da ETSE, forma parte da Rede de Entidades Colaboradoras en Formación en Intelixencia Artificial da USC e colabora co CiTIUS na Cátedra de Intelixencia Artificial en Medicina Personalizada de Precisión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *