9 Outubro 2026

A xestión agrupada do monte revélase como impulsora da prevención dos incendios forestais

No marco do proxecto Resonate, a Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (UVigo) avaliou as melloras que suporía agrupar a xestión dunha área de monte caracterizada polo minifundio nos concellos de Negreira e Outes (A Coruña). Falamos co profesor Juan Picos sobre os resultados da simulación realizada
22 Xullo 2026

Realizan por primeira vez a edición xenética dun xen de susceptibilidade nunha especie forestal, o castiñeiro

Un equipo internacional, liderado desde Galicia polo grupo Biotecnoloxía e Mellora Forestal da MBG, alcanzou este achado, que supón un avance significativo na mellora xenética de especies forestais e na loita contra enfermidades que ameazan a súa sustentabilidade.
22 Xullo 2026

O proxecto Saberes do Monte impulsa un modelo de monte vivo construído desde o territorio

A xornada de lanzamento reuniu esta mañá en Lugo a entidades socias, institucións colaboradoras e representantes do territorio, que compartiron a súa visión sobre os retos e oportunidades para conservar a biodiversidade e fortalecer o rural.
28 Xuño 2026

Green Galicia CSF valida un modelo de franxas de protección adaptadas ao cambio climático e produtoras de madeira de calidade

O proxecto, desenvolvido por Gallanova Norte xunto coa Asociación Forestal Ourensá e comunidades de montes de Pontevedra, crea un sistema de alerta baseado en sensores de humidade para manter a eficacia das frondosas caducifolias como devasas naturais