Apúntate ao Evento Final do Grupo Operativo Multi-Forest

O Grupo Operativo galego Multi-Forest celebrará, o xoves 17 de setembro, de 10:00h a 13:30h, o seu evento final en formato híbrido (presencial/en liña) e gratuíto para dar a coñecer os resultados finais do proxecto “Multifuncionalidade e valorización integral do monte a través da Certificación da Cadea de Custodia”.

No marco das actividades de divulgación do proxecto Multi-Forest, organízase este evento final, no que representantes das distintas entidades do Grupo Operativo presentarán os últimos resultados do proxecto, con especial énfase no uso de novas tecnoloxías para unha mellor xestión e compatibilización dos usos do monte e a revalorización dos seus produtos a través do sistema de certificación PEFC potenciando os sectores forestal e agrogandeiro. O evento tamén inclúe unha visita a campo para coñecer os traballos realizados durante o proxecto.

Descobre cómo Multi-Forest permitiu compatibilizar na CMVMC de Baroña (Porto do Son, A Coruña) os diferentes aproveitamentos do monte, tanto os xa existentes (plantacións forestais, gando en extensivo, pastos, colmeas, etc.) como outros novos (cultivo de cogomelos shiitake e froitos do bosque), diversificando, deste xeito, a súa actividade a través do desenvolvemento de medidas e ferramentas eco-innovadoras para obter un modelo de monte multifuncional, sostible, e resiliente, capaz de achegar riqueza ás comunidades rurais.

INFORMACIÓN PRINCIPAL SOBRE O EVENTO:

Cando: xoves 17 de setembro
Duración: 10.00-13.30
Formato: híbrido (presencial/en liña)
Lugar:Casa Forestal de CMVMC de Baroña (Porto do Son, A Coruña).

Programa e inscrición: aquí (capacidade limitada).

Dirixido a:

Comunidades e xestores de montes.
Agricultores e gandeiros.
Centros tecnolóxicos, centros de investigación e universidades.
Plataformas tecnolóxicas.
Empresas de servizos.
Administracións públicas con competencias na materia.
Consumidores e público xeneral

Este proxecto está financiado polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 80% co fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 con fondos propios da Xunta de Galicia nun 14% e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 6%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

Comments are closed.