Charla sobre hortos urbanos como espazos de relación

O antropólogo e profesor da Universidade Autónoma de Barcelona José A. Mansilla abordará esta temática nunha sesión en liña o xoves 19 de outubro


‘Os hortos urbanos como espazos relacionais’, así se titula a charla, organizada polo Campus Terra (USC), que ofrecerá o antropólogo social e cultural e profesor na Universidade Autónoma de Barcelona José A. Mansilla. A sesión será o xoves 19 de outubro e poderá seguirse a través da plataforma Ms Teams.

Esta charla está ao abeiro do proxecto ‘Novos modelos de hortas en Lugo e a súa contorna: saberes agroecolóxicos, seguridade alimentaria e resiliencia local’, que conta coa colaboración do Campus Terra da USC e no que participan, entre outros investigadores, as profesoras Ana Cabana e Elena Freire.

Comments are closed.