Agri-Rovenat, unha iniciativa do CSIC para fomentar o emprendemento agrícola no rural
O proxecto fixa como obxectivo atraer poboación ofrecendo oportunidades en zonas cos índices de velocidade de despoboamento rural e envellecemento máis elevados de Europa
A Fundación Xeral CSIC (FGCSIC) lanza o proxecto AGRI-ROVENAT para o emprendemento na contorna rural, a través do desenvolvemento de cultivos agrarios sustentables como unha alternativa rendible e eficaz para atraer e afianzar poboación en zonas afectadas polo despoboamento, o envellecemento e a falta de substitución xeracional.
Galicia e Asturias son as dúas comunidades autónomas nas que se centrarán os esforzos para a consecución dos obxectivos, co foco posto en dous cultivos moi estendidos en España como a vide e a oliveira; e un terceiro de nova implantación neste país: a Rosa Narcea, con uso na industria do perfume e outros.
O seu fin é desenvolver e optimizar novos métodos de cultivo, nun escenario de economía circular, fomentando a aparición de novas oportunidades de emprendimiento. Os espazos xeográficos elixidos son o municipio de Quiroga (Lugo), unha zona de difícil orografía e fortemente castigada polo despoboamento rural e unha área de montaña do suroccidente asturiano (Cangas del Narcea). Esta última é unha antiga zona mineira do interior asturiano, que conta cos índices de velocidade de despoboamento rural e de envellecemento máis elevados de España e Europa. O éxito desta experiencia piloto constituiría unha alternativa real e de aplicación inmediata, para o desenvolvemento socioeconómico da zona.
Mellorar a biodiversidade
A primeira fase de AGRI-ROVENAT ten un marcado enfoque agrario e ambiental. Probaranse dúas metodoloxías para o mantemento e control da cuberta vexetal natural dos terreos nos que se van a desenvolver os cultivos. Utilizarase, por unha banda, un robot segadora teledirixido e, por outro, ovellas con aversión inducida específica á Rosa Narcea, e a determinadas variedades de vide e oliveira autóctona galega, para evitar que se alimenten coas plantas das tres especies citadas e farano só coas que cobren o chan das parcelas. Este método de aversión inducida foi desenvolvido, experimentado e publicado, polo grupo de Recerca deas Remugants da Universidade Autónoma de Barcelona e conta con todas as garantías de benestar e saúde animal.
Os manexos de cultivo que se van a ensaiar tamén contribuirán a mellorar a calidade dos aceites esenciais e outros extractos da rosa, da uva e o mosto, así como da oliva e o aceite
A posta en marcha destas accións permitiría eliminar por completo a aplicación de herbicidas, cuxo uso está moi xeneralizado nos viñedos, oliveirais e outros cultivos destas áreas de difícil orografía, a pesar do seu elevado custo económico e ambiental. Tanto o uso da robótica teledirixida como das ovellas permitirá a conservación da flora natural e da biodiversidade típica de cada zona.
Se as hipóteses de traballo se cumpren, os manexos de cultivo que se van a ensaiar tamén contribuirán a mellorar a calidade dos aceites esenciais e outros extractos da rosa, da uva e o mosto dela obtido, así como da oliva e o aceite.
Membros do Grupo Operativo
O Grupo Operativo AGRI-ROVENAT, cofinanciado pola Unión Europea e o Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación, está liderado pola Fundación Xeral CSIC e impulsado polo grupo VIOR da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), que coordina a parte científico-técnica do proxecto da man da directora do Grupo VIOR, Carmen Martínez. Participan ademais o grupo Dairy Safe do Instituto de Produtos Lácteos de Asturias (CSIC), a Fundación Laboral Santa Bárbara (FUSBA) e as empresas Ovejas y Corderos e Millasur. Aromas do Narcea e Ouro de Quiroga colaboran tamén en varias fases do proxecto, baixo a coordinación administrativa de artica+i e a xestión da comunicación por Sánchez Pardo Comunicación.
Especial atención merece a participación neste proxecto do persoal de FUSBA, entidade impulsada por HUNOSA na década dos anos setenta do século pasado e declarada medio propio da Administración Xeral do Estado, que emprega a persoal con algunha discapacidade (un 97 % do seu persoal). En estreita colaboración cos investigadores, levarán a cabo unha tarefa crave para o éxito do proxecto.