30 Xuño 2026

A Deputación da Coruña impulsa un proxecto pioneiro co CSIC para protexer as especies vexetais ameazadas da provincia

A institución provincial destina 20.000 euros a unha investigación da Misión Biolóxica de Galicia que estudará non só as plantas en risco, senón tamén os solos e microorganismos que resultan fundamentais para a súa conservación
1 Outubro 2025

O CSIC desenvolve desde Galicia tres proxectos no marco da convocatoria “Axudas para Incentivar a Consolidación Investigadora”

As investigacións, lideradas por persoal de MBG e INCIPIT, abordan a resistencia da biodiversidade e funcionalidade do chan, a inmunidade das brásicas e a arqueoloxía histórica das paisaxes rurais de montaña no noroeste ibérico (séculos XVI-XXI).
20 Maio 2025

“O uso de auga no viñedo sen unha boa xestión inflúe negativamente na calidade da uva”

Entrevista a Mar Vilanova de la Torre Investigadora do CSIC no Instituto de Ciencias de la Vid y del Vino (ICVV), unha das entidades socias do proxecto “PRERIVID: Predición de necesidades hídricas do viñedo para un uso sostible da auga de rega”, que se desenvolve en Galicia, Castela e León e Valencia.
25 Abril 2025

“O chícharo de raposo ten un gran potencial como ferramenta de sustentabilidade agrícola”

Entrevista a Marta Santalla, investigadora do Grupo de Xenética do Desenvolvemento Vexetal (www.devoleg.es) na Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC), unha das entidades socias do grupo operativo MAXI-CoberLEG, que busca mellorar a produción agraria mediante o uso de cultivos de leguminosas de cobertura de inverno.
12 Marzo 2025

Listas para comercializar as variedades de oliveira autóctona de Galicia ‘carapucho’, ‘carmeliña’, e ‘maruxiña’

Implica que a partir de agora os viveiros poderán iniciar a comercialización de planta das tres variedades unha vez lles foi transferida e os olivareiros poderán realizar plantacións con elas