CEAMSA lanza un programa para impulsar startups de ingredientes naturais

O programa ofrece mentoría, acceso a infraestruturas e ata 250.000 € de financiamento

CEAMSA lanza CEAMBOOST.

CEAMSA, especialista en texturizantes de orixe natural, puxo en marcha CEAMBOOST, un novo programa de incubación dirixido a startups innovadoras do sector alimentario. O obxectivo é acelerar o desenvolvemento de ingredientes naturais máis saudables, sostibles e con proxección internacional.

A convocatoria estará aberta ata o 11 de xullo e o programa arrancará en setembro. Terá unha duración de nove meses, durante os cales as startups seleccionadas recibirán un plan de incubación personalizado, mentoría de expertos do sector e financiamento de ata 250.000 €.

CEAMBOOST representa unha aposta firme pola innovación aberta e a colaboración. A través desta iniciativa, CEAMSA busca xerar alianzas estratéxicas en toda a cadea de valor e brindar acceso a infraestruturas avanzadas.

Os participantes terán ao seu dispor laboratorios experimentais, capacidades analíticas, planta piloto e unha rede comercial que xa conecta con máis de 500 clientes a nivel mundial.

Segundo Iñigo Alzueta, presidente do grupo:

“Creemos en el talento, la innovación y el emprendimiento como el canal ideal para catalizar un cambio transformador y sostenible en la industria. Con CEAMBOOST queremos acortar la distancia entre las ideas prometedoras y su implementación en el mercado real.”

O programa está dirixido a proxectos en fase precomercial ou de desenvolvemento industrial temperán que traballen con ingredientes naturais innovadores. Entre as áreas de interese destacan novos texturizantes, estabilizantes, proteínas e fibras vexetais, e ingredientes funcionais para a industria alimentaria.

As candidaturas presentaranse a través dunha plataforma web, cun Produto Mínimo Viable xa validado en contorno controlado e un equipo comprometido co seu desenvolvemento e escalado.

O programa concluirá en maio de 2026 e ofrecerá dous itinerarios: desenvolvemento de aplicacións ou validación comercial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *