Este mércores preséntase en Oimbra o proxecto GREENSEED para o fomento no emprego no agro en Galicia e no Norte de Portugal
Ecosistema e oportunidades da bioeconomía en Galicia e no Norte de Portugal

O vindeiro 29 de abril, a aldea de O Rosal (Oimbra- Ourense) acollerá a xornada de lanzamento do proxecto GREENSEED, unha iniciativa transfronteiriza que busca poñer en valor o ecosistema bioeconómico de Galicia e do Norte de Portugal. O evento, que terá lugar nas instalacións de Bodegas Ladairo, reunirá a persoas emprendedoras, entidades de apoio ao emprendemento e público interesado en novas alternativas de emprego vinculadas á innovación no medio rural e agroganadeiro.
PROGRAMA
11:15 h – Recepción de asistentes. Rexistro e entrega de acreditacións
11:30 h – Apertura e benvida institucional
Pablo Fernández López. Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
11:40 h – Presentación do plan de acción do proxecto GreenSeed por parte das entidades socias do proxecto
12:40 h – Proxección do vídeo de presentación do proxecto GreenSeed
12:45 h – Relatorio: A bioeconomía como impulso do territorio
María Luz Loureiro García, catedrática da USC
13:15 h – Mesa: A Bioeconomía, oportunidades no medio rural
Modera: Marta Mariño, Directora xeral de Traballo autónomo e Economía social
Participan:
- Verín Biocoop
- Ecocelta Galicia
- Laboratório Colaborativo ForestWISE
13:45 h – Peche institucional
José González Vázquez, Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
14:00 h – Visita ás instalacións
14:20 h – Aperitivo networking
INFORMACIÓN
Data: Mércores, 29 de abril
Hora: 11:15 horas
Lugar: Bodegas Ladairo. Rúa Ladairo, 42, 32613 O Rosal, Ourense
Inscricións na seguinte ligazón.
ENTIDADES ORGANIZADORAS / COLABORADORAS
Xunta de Galicia, USC – Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, Fundación Juana de Vega, Alto Tâmega e Barroso, ADRAT, Associació de Desenvolvemento, Instituto Politécnico de Bragança.
FINANCIACIÓN
O proxecto O403_GREENSEED_1_E está cofinanciado polo fondo Europeo de Desenvolvemento




