Enquisa a gandeiros e agricultores para impulsar o emprendemento e a bioeconomía no medio rural

O proxecto europeo GREENSEED pide aos produrores cumplimentar unha enquisa para impulsar o emprendemento e a bioeconomía no medio rural

O proxecto europeo POCTEP GREENSEED lanza unha serie de enquisas dirixidas a profesionais dos sectores da gandería extensiva, a horta e froiteiras, a apicultura, o castiñeiro, a oliveira, a resina e a compostaxe de biorresiduos en Galicia e o Norte de Portugal.

Os cuestionarios cumpliméntanse en menos de 10 minutos e serán de gran utilidade para identificar barreiras, necesidades e boas prácticas que permitan deseñar as ferramentas de apoio ao emprendemento que se despregarán no marco do proxecto.

Gandería extensiva

Horta e froiteiras

Apicultura

Castiñeiro e oliveira

Resina

Biorresiduos

GREENSEED está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027. O consorcio está liderado pola Xunta de Galicia e integrado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Juana de Vega como socios galegos, así como a Comunidade Intermunicipal do Alto Tâmega e Barroso (CIMAT), a Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega (ADRAT) e o Instituto Politécnico de Bragança (IPB) na parte portuguesa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *