Xornada “Horizonte Agro 2026: Innovación no Territorio”, o 28 de maio en Ourense
Presentación de resultados de Grupos Operativos FEADER Agroalimentario. Desenvolvemento de novos produtos
O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) acollerá o vindeiro 28 de maio a xornada Horizonte Agro 2026, un espazo de encontro para presentar os resultados de cinco Grupos Operativos financiados no marco do FEADER Agroalimentario. O evento amosará os avances acadados no desenvolvemento de novos produtos alimentarios, baseados na valorización de subprodutos e na recuperación de variedades autóctonas.
Programa
10:00 h – Recepción de asistentes
10:15 h – Benvida
Dr. Miguel Fernández Rodríguez, Director-Xerente do CTC
Moderador: Dr. Ing. Lucio García, CTC
Presentación de Grupos Operativos (10:30 – 11:45 h)
- 10:30 h – G.O. Gotrisa Europa: Trigo sarraceno ecolóxico e produtos sen glute. (Marisol López, Esteo Innova)
- 10:45 h – G.O. Sueroval: Revalorización do soro lácteo como ingrediente natural. (Adrián Prol Nogueira, Feuga)
- 11:00 h – G.O. Bueyloñesa: Valorización de cortes secundarios de vacún maior. (Flavio Morganti, Auxilium Coquina S.L.)
- 11:15 h – G.O. Guiprogal: Recuperación de variedades autóctonas de chícharo proteaxinoso. (Ana María González Fernández, Misión Biolóxica de Galicia)
- 11:30 h – G.O. Ecoproveg: Patés e láminas a partir de vexetais ecolóxicos. (Rosendo Luis Estevez, Trasdeza Natur S.C.G.)
11:45 h – Quenda de preguntas e debate
12:00 h – Showroom de Innovación (Cata-degustación)
Produtos a probar: minihamburguesa de boi con lámina de tomate galego, hummus de chícharo da Cova, steak tártaro de boi, pinsa de trigo sarraceno, empanada de carne de boi, barrita proteica con soro de leite, postre con lámina de fresa desecada.
12:30 h – Clausura da xornada
Data: 28 de maio de 2026
Lugar: Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) – San Cibrao das Viñas, Ourense
Horario: 10:00 – 13:00 h
Asistencia: Gratuíta




