Xornada sobre avances na produción de oliveiras autóctonas en Galicia
O encontro terá lugar o 12 de marzo no IES O Ribeiro e abordará os avances en micropropagación, certificación de variedades e inclúe unha cata de Aceite de Oliva Virxe Extra

Imaxe de arquivo.
Os socios do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia, xunto coa Asociación de Productores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG) e o IES O Ribeiro, organizan a xornada “Avances na produción de planta certificada de oliveiras autóctonas de Galicia”.
Esta terá lugar o próximo mércores 12 de marzo de 16:30 a 18:20 no IES O Ribeiro, en Ribadavia, Ourense. A entrada é libre e a inscrición, que estará aberta ata o día 11 ás 15:00, pódese facer na seguinte ligazón.
O encontro ten como obxectivo informar ao sector sobre os avances do GO Oliveiras de Galicia en micropropagación in vitro e multiplicación por estaca, destacando as variedades autóctonas con mellor resposta.
Tamén se presentarán os progresos no rexistro de variedades comerciais coa Misión Biolóxica de Galicia (MBG – CSIC). Pola súa banda, a APAAG presentará nunha cata os Aceite de Oliva Virxe Extra do ano 2024.
O proxecto está integrado pola Fundación Juana de Vega (beneficiaria principal) en colaboración coa MBG – CSIC e as empresas Ouro de Quiroga e Olivar de la Concordia. Tamén están AGACAL e o laboratorio Cultigar.
O programa da xornada é o seguinte: