Previnovic: gandería extensiva como ferramenta de control e prevención de incendios
Ovica participa no proxecto PREVINOVIC que presenta os seus avances nun webinar o 18 de marzo

Imaxe de arquivo.
A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) participa, xunto a outras organizacións do sector a nivel estatal, nun grupo operativo supra autonómico chamado “PREVINOVIC: A gandería extensiva como ferramenta de control e prevención de incendios”.
O 18 de marzo ás 16 horas levarase a cabo un webinar de presentación. As persoas interesadas en asistir a este webinar poden anotarse a través desta ligazón. O programa do evento será o seguinte:

Programa do Webinar GO PREVINOVIC.