Especialistas do Campus de Lugo teceron sinerxías en China con investigadores agrícolas doutros países
Un equipo da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría participou nun foro internacional de desenvolvemento da agricultura verde, enmarcado na estratexia nacional vinculada á Universidade Agrícola de China

Equipo da EPSE durante a súa estadía. Cedida
Integrantes da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) da USC vén de participar nun foro internacional de desenvolvemento da agricultura verde a través da integración da seguridade alimentaria, a eficiencia dos recursos e a sustentabilidade ambiental, enmarcado na estratexia nacional vinculada á Universidade Agrícola de China (CAU).
O equipo galego do Campus de Lugo teceu sinerxías con persoal investigador procedente de Alemaña, Australia, Francia, Reino Unido, Israel, Gana, Holanda ou Estados Unidos, entre outros puntos xeográficos. A comitiva lucense estivo integrada por Juan Luis Fernández Lorenzo, José Javier Santiago Freijanes e María Rosa Mosquera Losada. As conversas desenvolvéronse no marco da definición da axenda da CAU.