Ourense acolle un encontro científico internacional sobre sanidade vexetal e produción sustentable de pataca

Variedades de pataca.
O Campus de Ourense da Universidade de Vigo acolle entre o 18 e o 21 de maio o 21st EuroBlight Workshop, un dos encontros científicos máis relevantes de Europa no ámbito da sanidade vexetal e da produción sostible da pataca. O evento terá lugar na Facultade de Ciencias
O EuroBlight xunta investigadores, universidades, centros tecnolóxicos, empresas, administracións públicas e profesionais do sector agrario para abordar de como posta en común os desafíos da agricultura europea. Un deles é o control do mildeu e da alternariose da pataca (Phytophthora infestans e Alternaria) que colleita tras colleitra supoñen unha ameaza para as explotacións dedicadas a este cultivo estratéxico.
Os organizadores do evento sinalan que a produción de pataca en Europa afronta actualmente novas dificultades derivadas da aparición de cepas máis agresivas dos patóxenos. Ao que hai que engadir a menor sensibilidade a funxicidas clave e a aparición doutras capaces de superar resistencias xenéticas presentes en variedades comerciais.
Por outro lado, houbo modificacións lexislativas e ambientais relativas ao uso de produtos fitosanitarios. E tamén aumentou a demanda dos consumidores por alimentos máis sustentables e respectuosos.
Dese xeito, a rede EuroBlight está concibida para o impulso á cooperación científica internacional para deseñar, probar e avaliar solucións innovadoras que “permitan un control máis sostible, eficaz e resiliente do mildeu e da alternaria en toda Europa”.
Dende a Universidade de Vigo destacan que o encontro “sitúa o Campus de Ourense no mapa europeo da investigación agraria e medioambiental”. E é que, durante as catro xornadas, os especialistas de distintos países van compartir resultados científicos, ferramentas dixitais, estratexias de manexo integrado e novas liñas de colaboración.
Os principais asuntos que se van debater son:
– Como xestionar o mildeu con acceso limitado a funxicidas tradicionais.
– Estratexias para previr resistencias a funxicidas e uso de produtos alternativos.
– Aplicación do coñecemento sobre a planta hospedadora, o patóxeno e as súas interaccións para mellorar estratexias de control e sistemas de axuda á decisión.
– Integración de modelos locais de predición con información de hóspede e patóxeno a escala de paisaxe.
– Colaboración global para comprender, innovar e limitar a dispersión de enfermidades.
– Ciencia, innovación e cooperación europea
Tamén está previsto facer fincapé no intercambio de datos, a ciencia colaborativa e a creación de infraestruturas comúns para responder a unhas ameazas fitosanitarias que cada vez se tornan máis complexas.
Richard Harrison, director xerente do Plant Sciences Group de Wageningen University & Research xa sinalara na edición anterior que “a pregunta clave agora é: que máis podemos facer xuntos?” Os responsables do evento inciden en que a celebración de EuroBlight 2026 en Ourense “reforza o compromiso da Universidade de Vigo coa investigación aplicada, a sostibilidade agrícola e a proxección internacional dos seus campus.”
A plataforma EuroBlight organiza dende o ano 1996 un congreso bianual, cunha participación próxima a 120 congresistas procedentes de Europa, América do Sur, Estados Unidos e Asia. Os anteriores eventos tiveron lugar nas cidades de Lunteren (2024), Ascona (2022), York (2019) e Aarhus (2017) etc.
A realización do encontro está promovida polo grupo de investigación GISA (Grupo de Investigación en Sistemas Agroambientais). As persoas responsables da actividade son M. Carmen Seijo Coello e Laura Meno Fariñas. Os eventos terán lugar no Salón Marie Curie e no Salón de graos.
Desta volta, están inscritos 120 investigadores de 20 países e 58 centros de investigación e empresas tecnolóxicas. Pódese consultar o programa íntegro neste ENLACE
Entre os participantes públicos e privados destacan os seguintes:
INTA Argentina Arxentina
BASF Bélxica
Center for agronomy and agro-industry of Hainaut Province, Bélxica (CARAH asbl) Bélxica
Certis Belchim Bélxica
CRA-W Bélxica
Nichino Europe Co. Ltd. Bélxica
Syngenta Crop Protection Bélxica
Viaverda Bélxica
Aarhus university Dinamarca
Mycoverse ApS Dinamarca
SEGES Innovation Dinamarca
BioScout Inglaterra
Natural Resources Institute Finlandia (LUKE) Finlandia
Pyhäjärvi Institute Finlandia
Certis Belchim Francia
Florimond Desprez Francia
inov3PT Francia
Nissan Chemical Europe SAS Francia
BASF SE Alemania
Bayer AG Alemania
Bayer AG, Division CropScience Alemania
Christian-Albrechts-University Kiel Alemania
Corteva Agriscience Alemania GmbH Alemania
Kiel University Alemania
SaKa Pflanzenzucht GmbH & Co. KG Alemania
TUM Alemania
ICAR-Central Potato Research Institute, Shimla, India India
Teagasc Irlanda
Dublin City University Irlanda
Aardevo B.V. Países Baixos
Agrovision Países Baixos
BASF Países Baixos
Wageningen University & Research Países Baixos
HZPC Research B.V. Países Baixos
Norwegian Advisory Service Noruega
Norwegian Institute of Bioeconomy Research (NIBIO) Noruega
Plant Breeding and Acclimatization Institute – National Research Institute Polonia
Bayer Crop Science Rexión EMEA
National Institute of Research and Development for Potato and Sugar Beet Brasov Rumanía
BASF Española SL España
Pepsico España
Syngenta España
Universidade de Vigo España



