Presentación dos resultados do proxecto Funtrapa este xoves no Pazo de Vilane

O xoves 17 de outubro presentaranse os resultados do proxecto que estuda os fungos parasiticidas para a transición de ganderías a réximes pastorís

Imaxe de arquivo do proxecto

O Pazo de Vilane acollerá a presentación dos resultados do proxecto Funtrapa o xoves 17 de outubro. A sesión será de 10:00 a 12:00 horas e tamén se poderá seguir de maneira online. A finalidade deste encontro é presentar os principais resultados e avances alcanzados co desenvolvemento do proxecto. A asistencia é gratuíta, pero é necesaria previa inscrición.

A cita abrirase con María José Lubián, xestora en Innovación e Proxectos Nacionais (FEUGA), que se encargará de presentar o proxecto. Seguidamente, María Sol, do grupo COPAR da Universidade de Santiago de Compostela, falará sobre os fungos parasiticidas, como clave para a sustentabilidade pastoril en avicultura e porcinocultura. Finalmente, Andrea Ferreiro Prado e Ixone Maradaras Bañales, de Pazo de Vilane e Javier Cortiñas, de Asociación PRODEME, ofrecerán unha visión do proxecto como empresas que formaron parte do mesmo.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *