Proxecto sobre economía circular en Ourense: alimentación, auga e nutrientes

A iniciativa ‘Circular Ecosystems’ desenvolverá unha xornada este martes 24 de setembro en Ourense

A Deputación de Ourense, a través do do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), organiza unha xornada de traballo no marco do proxecto ‘Circular Ecosystems’, con toda a cadea de valor do sector da alimentación, auga e nutrientes de Ourense, para validar os resultados do proxecto así como para crear novas estratexias para promover a economía circular dentro da provincia.

A xornada terá lugar o vindeiro martes, 24 de setembro, desde as 10.00 ás 12.00 horas, na aula Progreso do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Os interesados en participar poden inscribirse póndose en contacto co Inorde.

Esta iniciativa desenvólvese no marco do proxecto europeo CIRCULAR ECOSYSTEMS: Ecosistemas territoriais e solucións sistémicas de economía circular para previr a contaminación, co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

O obxectivo principal do mesmo é desenvolver iniciativas para buscar solucións aos problemas de contaminación da área de cooperación, tendo en conta as estratexias e plans existentes en xestión de residuos/recursos, a través do desenvolvemento de estratexias e plans de acción territoriais de economía circular, conforme a unha metodoloxía conxunta.

O proxecto desenvolverase ao longo dos vindeiros tres anos, tendo como principais iniciativas para este ano 2024 o deseño do Plan Estratéxico, a análise da lexislación e o Mapeo de Axentes do Territorio ourensán.

1 Comment

  1. Patri di:

    esto ten que ver coa contaminación da Limia polas macrogranxas, i supose.
    un problema iniciado no 1998 que foi crecendo cós anos até facer non potable a auga na zona.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *