Seminario para abordar o impacto dos bioestimulantes a base de algas na horta e na viña

O proxecto abordará o xoves 27 de xuño o efecto da aplicación de bioestimulantes elaborados con algas a estreses abióticos e bióticos en variedades autóctonas de horta, pataca e viña


O Grupo Operativo galego Bio_Marterra exporá os obxectivos, actividades e avances do proxecto de innovación nun webinar online gratuíto, que terá lugar o vindeiro xoves 27 de xuño, ás 10:00 horas.

O Grupo Operativo naceu en 2023 e busca demostrar o efecto beneficioso dos bioestimulantes elaborados con algas mariñas nas situacións de tensión abiótica e biótico en distintos cultivos de interese para Galicia. Pretende contribuír á produción agrícola sustentable e á mitigación do cambio climático mediante o uso de bioestimulantes que favorecen a redución da dependencia de insumos químicos e pesticidas agrícolas, fortalecen o sistema inmunolóxico das plantas, aumentan a tolerancia aos estreses bióticos e abióticos e melloran a absorción de nutrientes, así como á xeración de oportunidades económicas nas comunidades costeiras grazas á diversificación do uso de algas mariñas.

Na sesión do xoves, que se pode seguir vía zoom, cada unha das entidades participantes no Grupo Operativo galego comentarán o papel que están a levar a cabo no proxecto, así como o impacto positivo que este terá nos sectores agrícola e de algas mariñas. Deste xeito, o webinar contará cos relatorios de Porto-Muiños S.L., a Unidade de xestión de residuos e fertilización do grupo Agronomía da Universidade de Santiago de Compostela, o grupo de investigación VIOR da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, o produtor Avelino Santana e a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA). Ademais, contarase tamén coa participación das dúas entidades colaboradoras do proxecto, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACAL) e Horta dá Lousa.

Segue o webinar a partir das 10:00 horas

Comments are closed.