Xornada de transferencia: presentación dos primeiros resultados para a recuperación e valorización de aveas negras autóctonas galegas

Terá lugar en Granxa Maruxa, Monterroso (Lugo) o mércores, 24 de setembro entre as 9:30 e as 16:30h con asistencia libre e gratuíta. A inscrición online xa está aberta.

Un cereal milenario que naceu en Galicia e conquistou Europa regresa para reivindicar o seu lugar no futuro da agricultura sostible. A avea negra destaca pola súa resistencia, polos seus beneficios para a saúde e polo seu potencial na creación de produtos innovadores. Alta cociña, panadería e cosmética únense nesta xornada para recuperar esta xoia esquecida do noso campo e abrir novas vías de desenvolvemento rural. Un espazo para compartir coñecemento, inspiración e novas oportunidades entre profesionais e amantes do sector.

O consorcio do Grupo Operativo Avea Moura presentará o próximo mércores, 24 de setembro os primeiros resultados desta investigación aplicada durante unha xornada de transferencia presencial e asistencia libre. O evento terá lugar en Granxa Maruxa (Monterroso, Lugo).

DATA E HORA
Mércores, 24 de setembro | 9:30 – 16:30h

GRUPO OBXECTIVO
Produtores e asesores agrarios
Investigadores
Sector panificación, cosmético, gastronómico, etc.
Etc.

INSCRICIÓN E COMIDA DE BALDE
Ata o domingo, 21 de setembro no seguinte formulario online:
https://juanadevega.org/xornadas_e_cursos/grupo-operativo-avea-moura-xornada-de-transferencia-presentacion-dos-primeiros-resultados-para-a-recuperacion-e-valorizacion-de-aveas-negras-autoctonas-galegas/

COMO CHEGAR
Google Maps >> https://maps.app.goo.gl/YMTbBRHkrV5SWuEcA

O consorcio desta investigación aplicada está liderado pola Misión Biológica de Galicia (CSIC) e integrado pola Fundación Juana de Vega, a Cooperativa Muuhlloa, o restaurante Culler de Pau e a Panadería Dacuña. Conta coa colaboración do CIAM da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) – Consellería de Medio Rural, o Instituto Ourensano de Desenvolvemento (INORDE) e a Universidade de Santiago de Compostela.

PROGRAMA

09:30 – 10:00h.- Recepción de asistentes e benvida

10:00 – 10:30h.- Cereais autóctonos e cultura gastronómica tradicional en Galicia.
Jorge Guitián, periodista gastronómico

10:30 – 10:45h.- As aveas negras en Galicia, un pouco de historia. Presentación do Grupo Operativo Avea Moura
Bernardo Ordás – Misión Biológica de Galicia (MBG), Elvira Suquillo – Universidade da Coruña (UdC)

10:45 – 11:00h.- Primeiros resultados agronómicos
Bernardo Ordás – MBG, Luis Urquijo – Centro Investigacións Agrarias Mabegondo (CIAM); Servando Álvarez – Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE)

11:00 – 11:40h.- Avances e degustación na liña de panificación
Marta Lores – USC, Roberto López – Panadería Dacuña

11:40 – 12:00h.- Avances e probas dos pilotos na liña de cosmética
Marta Lores – USC, Carmela Valiño, Chusa Expósito, Marta Álvarez, María Álvarez – Cosmética Muuhlloa

12:00 – 13:30h.- Avances e degustación na liña de fermentados
Marta Lores – USC, Javier Olleros – Restaurante Culler de Pau

13:30-15:30h.- Petiscos e intercambio de ideas

15:30 – 16:30h.- Paseo pola contorna

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *