14 Xullo 2026

Amplíase o programa de emprendemento en bioeconomía StartBEC con dúas novas edicións

Impulsar o emprendemento innovador en bioeconomía para acompañar a empresas emerxentes de base tecnolóxica para validar, desenvolver e levar ao mercado soluciones innovadoras agroalimentarias. Eses son os obxectivos dun programa que promoven o Ministerio de Agricultura e o centro tecnolóxico AINIA e que está dotado con 1,1 millóns de euros
14 Xullo 2026

O proxecto SUS-SOIL perfecciona a medición das capturas de carbono nos solos

A iniciativa, na que participa o Campus Terra da USC, desenvolveu ferramentas que permiten cuantificar con fiabilidade a cantidade de gases que se capturan nos solos agrarios. Os participantes sinalan que servirán para xerar confianza nos mercados internacionais de carbono
12 Xullo 2026

O Grupo Operativo XIPrisco conseguiu reducir nun 50% o uso de antifúnxicos no cultivo de pataca

O equipo de traballo, promovido por AGACAL, desenvolveu alternativas de loita fronte ao mildeu e a alternariose sen recurrir a funxicidas químicos. A investigación desenvolveuse nas diferentes comarcas pataqueiras de Galicia. Tivéronse en conta os elementos climáticos cambiantes que xa están a alterar os ciclos de colleitas
9 Maio 2026

Carlos Amiama elixido novo director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo

O docente sinala como oportunidades o novo equipo de goberno da USC -que acadou un enorme apoio no Centro e no campus-, a creación de novas infraestruturas de investigación, a renovación do convenio co Campus Terra ou o incremento do interese no estudantado pola cidade de Lugo
3 Febreiro 2026

“Buscamos solucións novidosas para o impacto do estrés por calor en vacún de leite”

Rodrigo Muíño, profesor do Campus Terra da USC, dirixe a tese doutoral sobre o estrés climático en vacas de produción de leite que ven de ser galardoado co XI Premio Vetia Natural Solutions. Coñecemos os primeiros resultados e aplicacións do proxecto de investigación e afondamos no proxecto integral que aborda os efectos do clima sobre as vacas leiteiras e as solucións aos mesmos
14 Xaneiro 2026

“SmarTerrae é unha metodoloxía que fai que o territorio entre na aula e que a aula saia ao territorio”

Lorena Salgado e Rubén Forján foron os gañadores do VIII Premio Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial co seu proxecto SmarTerrae. Trátase dunha metodoloxía educativa para achegar soluciòns inmediatas dende o ámbito académico aos problemas do día a día no mundo rural. Falamos con eles para coñecer en detalle o que pode significar SmarTerrae
30 Decembro 2025

O proxecto CARES recolleu 30 toneladas de produtos forestais non madereiros en Galicia, Castela-León e Asturias

A iniciativa, na que participa a USC, realizou intervencións en máis de 130 hectáreas e xenerou 30.000 quilos de produtos forestais, especialmente castaña e resina de piñeiro. O proxecto quere contribuír ao fortalecemento da selvicultura activa e a xeración de novos recursos para propietarios forestais. E cunha xestión en silvicutlra que reduce a vulnerabilidade das masas arboradas aos incendios