Ciclo de Conferencias ” Operacións, lexislación e certificación de aeronaves non tripuladas”
O obxectivo desta formación é facilitar aos participantes os coñecementos para a convivencia e utilización de aeronaves non tripuladas
Desde este luns, o Campus Terra da USC (Lugo) ofrece un ciclo de conferencias sobre drons. Este ciclo de conferencias, que forma parte do Plan Formativo de Campus Terra, ten por obxecto facilitar aos participantes formación imprescindible para a convivencia e utilización de aeronaves non tripuladas en distintos ámbitos de traballo.
Esta formación impártese por xefes de distintos servizos e de divisións UASda Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA) e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), empresas punteiras en tecnoloxías de aeronaves non tripuladas. As sesións permitirán que os alumnos, empresas e profesionais se manteñan ao día sobre as últimas novidades e tendencias neste sector.
PROGRAMA:
Luns 7 de outubro de 2024
16:00 a 18:30| Reglamentación.
- Laura López Sanz, Xefa do Servizo de Operacións UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA).
18:30 a 20:00| Aeromodelismo.
- Francisco Javier Muñoz Sánchez, Xefe do Servizo de Formación e Tecnoloxía UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA).
Martes 8 de outubro de 2024
16:00 a 18:30| Certificación do piloto.
- Francisco Javier Muñoz Sánchez, Xefe do Servizo de Formación e Tecnoloxía UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA).
18:30 a 20:00| Procedementos operacionais.
- Laura López Sanz, Xefa do Servizo de Operacións UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA).
Mércores 9 de outubro de 2024
16:00 a 20:00| Certificación de aeronaves.
- Elsa Solera de Andrés, responsable de aeronavegabilidade UAS do INTA.
Luns 14 de outubro de 2024
16:00 a 20:00| Avaliación de riscos.
- Juan Moya Hernández, Técnico da División de Sistemas de UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA).
Martes 15 de outubro de 2024
16:00 a 20:00| Requisitos técnicos dos UAS.
- Roberto Gándara Ossel, Xefe da División UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA).
Neste ciclo de conferencias abordaranse temas como as distintas operacións dos UAS, xa que estas poden ser moi diferentes segundo o tipo de actividade que se vaia realizar, e as características que deben ter estes dispositivos para adaptarse a cada situación.
Tamén será fundamental tratar a lexislación en torno ás aeronaves non tripuladas así como a certificación das mesmas. É importante que os usuarios sexan conscientes das últimas tendencias e tecnoloxías, e que recoñezan cal é o marco legal que permite o desenvolvemento seguro e sostible das aeronaves non tripuladas. Por outra banda, a certificación é unha ferramenta fundamental para garantir que as aeronaves non tripuladas cumpran con todas as normas de seguridade e calidade necesarias.
Os interesados en participar en este ciclo de conferencias poden inscribirse a través do seguinte enlace.