Seminario ‘Incendios forestais. Realidade actual e futura dos grandes incendios en España’

O foro está orientado a estudantado de grao e mestrado

Imaxe de arquivo

O seminario ‘Incendios forestais. Realidade actual e futura dos grandes incendios en España’ desenvolverase o 1 de outubro, ás 12.00 horas, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra. O foro diríxese a estudantado de grao e mestrado.

O seminario completa os coñecementos estudados na materia Rexeneración e Restauración tras incendio que se imparte no máster de Enxeñería de Montes da EPSE. Jorge de las Heras Ibáñez, catedrático na área de Produción Vexetal na Universidad de Castilla La Mancha, é o relator proposto para a actividade formativa.

O programa aborda temas como as relacións entre o clima, a meteoroloxía e os incendios, índices de perigo meteorolóxico, o cambio climático e incendios forestais ou as respostas da vexetación ante o lume, entre outros. Coordinado por María del Pilar González Hernández, a actividade oferta un total de 40 prazas.

As persoas interesadas poden cubrir aquí o formulario de inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *