Seminario sobre tecnoloxía de monitoreo aplicada ao gando vacún

O evento tratará a importancia da gandería de precisión e os novos perfís profesionais do sector

Imaxe de arquivo.

A Facultade de Veterinaria acollerá hoxe 24 de abril, de 16.00 a 18.00 horas, un seminario titulado “Aplicación de sensores e monitorización no gando vacún”. A sesión desenvolverase na Sala de Xuntas da facultade e está dirixida tanto a alumnado como a persoal docente e investigador (PDI).

Este seminario ten como obxectivo analizar a utilidade das novas tecnoloxías na monitorización de actividades do gando vacún en extensivo. Así mesmo, pretende destacar a súa relevancia na xestión eficiente das explotacións gandeiras.

O evento enmárcase no Plan Formativo do Campus Terra e será impartido por Elio López, CEO de Innogando. Abordaranse temas como o uso das tecnoloxías na gandería de precisión, a implementación de prácticas sostibles, a protección e o benestar animal, e as necesidades de dixitalización do sector.

Tamén se tratará o papel dos novos perfís profesionais ligados á análise dos datos obtidos a través dos sistemas de vixilancia, clave na toma de decisións no campo. O seminario conta con 25 prazas dispoñibles e ten inscripción a través desta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *