Unha investigación do Campus Terra sobre estrés térmico en vacún, premiada pola Academia de Ciencias Veterinarias

A investigación forma parte da tese doutoral da investigadora do IBADER e da Facultade de Veterinaria de Lugo, Elena Niceas Martínez

Recollida do galardón. Cedida

Recollida do galardón. Cedida

A Real Academia de Ciencias Veterinarias de España recoñeceu co XI Premio Vetia Natural Solutions (Mariano Illera Martín) unha investigación do Campus Terra. Trátase da investigadora do IBADER e doutoranda do Departamento de Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria do Campus Terra, Elena Niceas Martínez Díez, xunto cos profesores Joaquín Fernández Bermúdez, Cristina Castillo Rodríguez e Rodrigo Muiño Otero

O galardón, dotado con 3.500 euros, recoñece o traballo ‘Resposta endócrina e reprodutiva ao estrés térmico en vacún leiteiro de clima oceánico. Evidencias de campo e estratexias para a súa mitigación’.

A investigación forma parte da súa tese doutoral e foi desenvolvido no marco do proxecto ‘Estudo do cambio climático sobre a saúde e o benestar, a eficiencia reprodutiva e a calidade do leite nas explotacións lácteas da provincia, co financiamento de fondos do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela polo que se regula o Campus de Especialización Campus Terra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *