Até o 3 de xuño está aberto o prazo para presentarse ao “IV Premio Cámara de Comercio – ENCE á Innovación Forestal”

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa convoca o “IV Premio Cámara de Comercio – ENCE á Innovación Forestal”, a través do Programa Marco de Responsabilidade Social Corporativa de ENCE 2023.

Este galardón convócase en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, o Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Asociación Sectorial Forestal Galega.

O Premio ten como obxectivo visibilizar iniciativas empresariais innovadoras no sector forestal e impulsar a emprendedores e técnicos/as en formación nas Escolas de Enxeñaría Forestal e os distintos ciclos de Formación Profesional que se imparten en Galicia. Valorarase especialmente que estes proxectos propoñan solucións, modelos de xestión, produtos e/ou servizos que se caractericen pola sustentabilidade do sector forestal.

Para iso convócanse dous premios, cun accésit cada un: un premio á mellor iniciativa empresarial no terreo da innovación para o sector forestal e un premio de investigación para o mellor traballo de posgrao no mesmo terreo. O galardón á iniciativa empresarial estará dotado cun importe de 5.000 euros e un accésit de 2.000, e o premio ao mellor traballo de investigación de posgrao terá unha dotación de 3.000 euros e un accésit de 1.000.

As candidaturas pódense presentar fisicamente nas sedes da Cámara de Comercio situadas en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, até o 3 de xuño de 2024 ás 14.30 horas.

Recoñecemento a proxectos que xeren valor

No apartado á mellor iniciativa empresarial, poderá participar calquera persoa física ou xurídica que conte cun proxecto innovador no sector forestal, referido tanto a procesos, como a produtos ou servizos que se traduzan nunha demostrada xeración de valor. A iniciativa pode estar xa en desenvolvemento, e corresponder a unha empresa xa existente, sempre que o proxecto se executara dentro dos últimos 24 meses, a contar desde a data de publicación desta convocatoria. Os proxectos aínda non iniciados deben comezar a súa actividade dentro dos 12 meses posteriores á convocatoria.

No apartado do premio de investigación para o mellor traballo de posgrao, poderán participar estudantes de post-grao ou post-doutorais con experiencia docente ou investigadora inferior a 5 anos, ou grupos integrados polos mesmos, con traballos ou publicacións presentadas nos últimos 36 meses contando a partir da data de publicación da convocatoria, e sempre que tales traballos refíranse, polo menos en parte, á problemática forestal de Galicia.

CONSULTA AS BASES

Comments are closed.