Curso de verán sobre o impacto do cambio climático no castiñeiro
Celebrarase en Lugo do 8 ao 10 de xullo no Edificio Impulso Verde e ofrecerá 1 crédito ECTS

Imaxe de arquivo.
A Universidade de Santiago de Compostela organiza o curso de verán “Castiñeiro e cambio climático”, unha proposta formativa dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer os efectos do cambio climático sobre os soutos e o castiñeiro. A actividade desenvolverase do 8 ao 10 de xullo no Edificio Impulso Verde, en Lugo, cunha duración total de 16,5 horas e recoñecemento de 1 crédito ECTS.
A matrícula para o curso xa está aberta desde o 15 de maio, e pode realizarse a través da páxina oficial da USC, no apartado de Ciencias e Enxeñarías. A iniciativa conta coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Lugo e outros organismos vinculados ao ámbito rural.
O programa inclúe relatorios sobre conservación do castiñeiro, servizos ecosistémicos, pragas, enfermidades, novas técnicas de mellora e conservación, e unha visita guiada ao souto das Gándaras como exemplo de boas prácticas.
Cartel e programa do curso: