A Xunta concede 2,5 millóns a proxectos innovadores no rural

63 beneficiarios desenvolverán iniciativas agrícolas, gandeiras e forestais

Liña de axudas a proxectos innovadores impulsados polos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da convocatoria de axudas da Consellería do Medio Rural para o ano 2024. A través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, destínanse 2,51 millóns de euros a proxectos innovadores impulsados polos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI).

Estas achegas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC). O seu obxectivo é fomentar a creación e funcionamento destes grupos para modernizar a agricultura e as zonas rurais, promovendo a innovación, dixitalización e acceso ao coñecemento.

Cada grupo operativo está composto por un mínimo de dous membros e céntrase en resolver problemas ou aproveitar oportunidades nos sectores agroalimentario e forestal.

En total, son 63 os beneficiarios destas axudas: agricultores, gandeiros, silvicultores, investigadores, cooperativas, empresas do sector e outras entidades interesadas na competitividade agrícola, a sustentabilidade e o desenvolvemento do medio rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *