Como o proxecto NUTRITIVE transforma os xurros gandeiros en oportunidades para as granxas
A valorización dos nutrientes reduce as emisións e mellora a sostibilidade nas explotacións gandeiras

A xestión do esterco é un dos principais retos nas explotacións gandeiras, tanto polo seu impacto ambiental como polas esixencias normativas cada vez máis estritas. Porén, o que tradicionalmente se considerou un residuo pode converterse nunha oportunidade para mellorar a eficiencia e sostibilidade das granxas.
Nesta liña traballa o proxecto europeo NUTRITIVE (101135400), financiado polo programa Horizonte Europa, que busca transformar o esterco en produtos de valor engadido —como fertilizantes mellorados, enerxía ou bioprodutos— mediante solucións que poden aplicarse ao longo de toda a cadea de xestión dentro da propia explotación. Estas solucións permiten reducir as emisións xeradas durante esta xestión, mellorar a eficiencia no uso de nutrientes e avanzar cara a modelos de produción máis sostibles baseados na valorización de recursos dentro da propia granxa.
Do residuo ao recurso
Durante anos, o esterco aplicouse directamente ao campo (Figura 1) ou xestionouse como un residuo para eliminar. Aínda que estas prácticas seguen a ser habituais, presentan limitacións importantes, como perdas de nutrientes, emisións de gases contaminantes ou dificultades para cumprir a normativa. Estas prácticas poden provocar unha aplicación pouco eficiente dos nutrientes, xa que non sempre coinciden coas necesidades reais dos cultivos, o que aumenta o risco de perdas cara ao ambiente e reduce o seu aproveitamento agronómico. Hoxe en día, o enfoque está a cambiar: o esterco considérase un recurso valioso polo seu contido en nutrientes (nitróxeno, fósforo) e materia orgánica. Aproveitar mellor estes compoñentes permite reducir custos, mellorar a fertilidade do solo e diminuír o impacto ambiental da actividade gandeira. Ademais, este cambio de enfoque contribúe á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e a unha mellor xestión dos nutrientes, evitando a súa liberación ao aire, solo e auga.

Figura 1. Aplicación tradicional con prato de choque.
Que se pode facer na propia explotación?
O proxecto NUTRITIVE propón actuar en distintas fases do manexo do esterco, desde a súa xeración ata o seu uso final:
1. Reducir emisións desde a orixe
Unha das primeiras medidas consiste en axustar a alimentación do gando, especialmente o contido en proteína. Isto permite reducir as emisións de amoníaco desde o propio establo e mellorar a eficiencia no uso do nitróxeno. Unha menor excreción de nitróxeno tradúcese directamente nunha redución de emisións gasosas desde as instalacións gandeiras, así como nunha menor carga contaminante nas etapas posteriores de almacenamento e aplicación.
2. Mellorar o esterco con biochar
O uso de biochar (un material rico en carbono obtido a partir de biomasa sometida a procesos térmicos en ausencia de osíxeno) está a gañar interese no sector. A súa incorporación ao esterco permite:
-
Reducir a volatilización de amoníaco
-
Retendar mellor os nutrientes
-
Optimizar a calidade do fertilizante final.
O biochar actúa como un material con alta capacidade de adsorción, favorecendo a retención de nitróxeno e outros nutrientes, o que reduce as perdas ao ambiente e mellora a estabilidade do esterco durante o seu almacenamento e aplicación.
3. Controlar o nitróxeno
Mediante procesos biolóxicos como a nitrificación e a desnitrificación, é posible transformar o nitróxeno presente no esterco para:
-
Diminuír emisións contaminantes
-
Reducir perdas de nutrientes
-
Optimizar o seu aproveitamento agronómico
Estes procesos axudan a transformar formas de nitróxeno menos estables noutras máis estables, reducindo as emisións de amoníaco e outros gases, e permitindo unha liberación máis gradual dos nutrientes no solo.

Figura 2. Aplicación con método de baixas emisións de patín arrastrado.
4. Aprovechar mejor las fracciones líquidas y sólidas
El tratamiento del estiércol permite separar y valorizar sus diferentes componentes:
- Fertirrigación: aplicación de la fracción líquida a través del riego, ajustando mejor la dosis de nutrientes (Figura 2)
- Secado del estiércol: facilita su almacenamiento, transporte y posible uso como combustible o fertilizante comercial
- Cultivo de algas: utilización de corrientes líquidas ricas en nutrientes para producir biomasa con aplicaciones en alimentación animal o bioenergía
Estas estrategias permiten una gestión más eficiente de los flujos de nutrientes, reduciendo residuos y favoreciendo su reutilización dentro de la propia explotación o en otras cadenas de valor.
Figura 2. Aplicación con método de bajas emisiones de patín arrastrado

Figura 3. Instalación de captadores de amoníaco en mastro e estación meteorolóxica.
Vantaxes para as explotacións
A aplicación destas estratexias pode achegar beneficios claros a nivel práctico:
-
Redución de emisións e mellor adaptación á normativa (Figura 3)
-
Menor perda de nutrientes e maior eficiencia no seu uso
-
Diminución do uso de fertilizantes minerais
-
Mellor do manexo do esterco dentro da explotación
-
Posibilidade de xerar novos produtos ou liñas de ingreso



