Actividades sostibles do proxecto CAPRIF-CC nos montes de Ancares-Courel

A primeira ruta celebrarase o 24 de maio en Piornedo e abordará a produción de mel e o uso tradicional das plantas

O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) desenvolverá ata finais de novembro un programa de 13 actividades sostibles en montes de alto valor natural, organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT).

A iniciativa busca achegar á cidadanía á biodiversidade do territorio e aos seus produtos típicos. A primeira actividade será o sábado 24 de maio en Piornedo (Cervantes), cunha ruta familiar de 15 km e dificultade media, centrada na produción de mel e os usos tradicionais das prantas.

As prazas están limitadas a 15 persoas e poderán reservarse ata o 22 de maio en custodia.caprif@gmail. O 31 de maio celebrarase unha nova actividade no Courel centrada nas orquídeas e os seus hábitats.

 

Actividades do verán

  • 15 de xuño no Courel: “Orquídeas e microrreservas. Visita á microrreserva de Hórreos”
  • 12 de xullo en Piornedo (Ancares): “A trashumancia esquecida”
  • 19 de xullo en Piornedo (Ancares): “Ruta do meu compañeiro. Recuperando os topónimos”.
  • 1 de agosto no Courel: Ruta “Territorio explorado. Coñecendo a aldea de Vieiros”
  • 3 de agosto en Vilamor, Courel: Ruta “A paisaxe que nos protexe. O que non arde”

 

Actividades do outono

  • 27 de setembro en Piornedo (Ancares): “O pan, moito máis que un alimento”
  • Con data por determinar en Seceda (Courel): “O mel, modelador da paisaxe que coñecemos”.
  • 18 de outubro en Piornedo: “Xeoloxía, outro xeito de entender o que somos”
  • Con data por determinar en Paderne (Courel): “O souto. Centro de vida. Micoloxía”
  • 8 de novembro en Piornedo: “Pola Vila en Piornedo. A vida dentro das pallozas”
  • Con data por determinar en Paderne: “O souto. Centro de vida. Probando as castañas”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *