Valdeorras acolle a xornada de Ecospherewines sobre innovación sostible e infraestruturas verdes no viñedo

Investigadores, técnicos e viticultores comparten en Vilamartín de Valdeorras avances e resultados sobre sustentabilidade, solos e servizos ecosistémicos no sector vitivinícola

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Valdeorras acolleu hoxe a xornada técnica do proxecto Ecospherewines Cospherewines, unha iniciativa centrada na innovación sostible no viñedo mediante a implantación de infraestructuras baseadas na natureza.

O encontro, que tivo lugar entre as 10:00 e as 14:00 horas, reuníu a investigadores, técnicos e profesionais do sector vitvinícola co obxectivo de compartir avances, resultados preliminares e experiencias arredor da sostebilidade, os servizos ecosistémicos e a mellora da xestión do viñedo.

A xornada foi inaugurada coa benvida institucional a cargo de Marcos Prada Ginzo, quen puxo en valor “a importancia da cooperación entre investigación e sector vitivinícola para avanzar cara a modelos de produción máis sostibles e resilientes no territorio.

Estratexias de infraestrutura verde no viñedo

Durante a primeira sesión presentouse a estratexia de infraestrutura verde desenvolvida no marco do proxecto Ecospherewine. A exposición correu a cargo de Anabel Alba González, técnica de proxectos de I+D da Fundación Juana de Vega, quen detallou as liñas de traballo orientadas á integración de solucións naturais no viñedo.

Posteriormente, Guillaume Barrier, técnico vitivinícola da IXP Betanzos, compartiu experiencias de implantación destas solucións en viñedos galegos.

Tras unha pausa para o café, a segunda sesión profundou nos resultados do proxecto e na súa aplicación práctica no territorio.

Resultados e experiencia científica no viñedo galego

O investigador Marcos Lado Liñares, da Universidade da Coruña, presentou as actuacións desenvolvidas na parcela experimental “A Picha – Betanzos” e os primeiros resultados obtidos no marco do proxecto.

A continuación celebrouse unha mesa de debate moderada por Alfonso Ribas, na que participaron Nuria Freire González (Fundación Juana de Vega), José Manuel Mirás Ávalos (MBG-CSIC), Guillaume Barrier (IXP Betanzos) e o viticultor Luis Peique (DO Valdeorras). O diálogo abordou o papel da infraestrutura verde na intersección entre ciencia, paisaxe e práctica vitícola.

Finalmente, Vanessa Álvarez López, investigadora Ramón y Cajal da Universidade da Coruña, presentou os resultados preliminares sobre o estado funcional dos solos nos viñedos de Valdeorras.

A xornada concluiu cunha comida levada a cabo pola organización nas instalación da adega Terriña, situada en Petín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *