Xornada sobre “Estratexias para a obtención de uva de baixa concentración de azucres e viño desalcoholizado”

O grupo operativo Ubavida céntrase en estratexias sustentables do viñedo á adega para a obtención de uva de baixa concentración de azucres e viño desalcoholizado


O Grupo Operativo Supraautonómico UBAVIDA pretende dar resposta a múltiples retos do sector vitivinícola. O luns 27 de xaneiro levará a cabo un Webinar online gratuíto ás 12:30 horas para presentar o proxecto de innovación “Estratexias sustentables do viñedo á adega para a obtención de Uva de Baixa concentración de Azucres e Viño DesAlcoholizado”. O Grupo Operativo xorde en 2024 e está financiado nun 80 % pola Unión Europea e nun 20 % polo Ministerio de Agricultura.

Por unha banda, busca dar resposta ás tendencias de consumo están a cambiar e existe unha demanda crecente de bebidas sen alcol e de baixa gradación, onde o viño ten un gran percorrido.

Doutra banda, o cambio climático e o quecemento global, están a contribuír a incrementar o grao alcohólico dos viños, polo que o sector demanda protocolos que permitan contrarrestar esta tendencia. Con todo, o maior reto atópase a nivel legal, xa que os métodos permitidos para producir este tipo viños son limitados e impiden a obtención de viños de calidade con menor contido en alcol.

O principal obxectivo de UBAVIDA é, precisamente, mellorar todos os protocolos implicados na obtención deste tipo de viños “dende a uva até o viño desalcoholizado” de cara a novos desenvolvementos normativos.

O seminario contará cos relatorios da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), a Federación Española do Viño (FEV), Bodegas Enguera, Bodega Matarromera, bodega WIN SIN ALCOHOL (Bodegas Familiares Matarromera) e o Instituto de Investigación en Ciencias de la Alimentación (CIAL) do CSIC-UAM. Porén, o Grupo Operativo UBAVIDA non se limita a estas entidades za que tamén forman parte do consorcio, a Plataforma Tecnológica del Vino (VITEC), la Bodega PACO & LOLA, e a Plataforma Tecnológica del Vino (PTV).

Comments are closed.