Os profesionais agrarios posúen máis competencias dixitais que a media española

O 83 % das explotacións agrarias xa recolle datos dos seus procesos produtivos para mellorar a xestión dos seus cultivos


O 94 % dos profesionais do sector agroalimentario posúe polo menos competencias dixitais básicas, cifra puntualmente superior á media da poboación española, que é do 64 %. Así mesmo, 8 de cada 10 explotacións agrarias (83 %) xa recolle datos dos seus procesos produtivos para mellorar a xestión dos seus cultivos. Estes datos obtivéronse do estudo realizado polo Observatorio de Dixitalización do Sector Agroalimentario e do Medio Rural, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e en colabroración co Grupo cooperativo Cajamar.

Entre outros datos de interese, no estudo móstrase que o caderno dixital xa o empregan máis do 53 % dos enquisados. Tamén estes resultados destacan que os marcos de axudas á dixitalización non son suficientemente coñecidos, co cal diminúe a súa demanda.

Os profesionais agrarios presentan maiores competencias dixitais á media española. / Arquivo.

Foro DATAGRI

Os días 15 e 16 de novembro terá lugar en Logroño (A Rioxa) a VI edición do Foro DATAGRI, no que se demostrará por que España conta con todos os ingredientes necesarios para liderar a transformación dixital do sector agroalimentario a escada global. Neste evento daranse cita máis de 1.500 profesionais do sector agrotech, que analizarán as novidades tecnolóxicas e establecerán novas sinerxías entre todos os axentes da cadea de valor.

Durante as diferentes xornadas, contarán con relatores de alto nivel no ámbito español e internacional, que poñerán o foco nas tendencias máis relevantes en Agricultura 4.0, con énfase nas aplicacións de intelixencia artificial na xestión agraria. Así mesmo, ofrecerán unha xornada de campo nas fincas experimentais do Goberno da Rioxa (Valdegón e La Grajera), nas que se poderán ver en directo demostracións de aplicacións tecnolóxicas en diferentes cultivos.

Comments are closed.