Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a Universidade de Vigo. Falamos co catedrático e un dos investigadores principais do proxecto, Jesús Simal, sobre o papel que desenvolverán as e os investigadores da UVigo en AgroSpace.