Mesa redonda sobre uso de novas tecnoloxías na cadea forestal-madeira
Continúan os encontros entre empresas de diferentes sectores do proxecto EDIH Datalife. O vindeiro será o 26 de outubro no Bipolo Sionlla
O Clúster de Madeira e o Deseño de Galicia presentarán a situación do sector forestal e da madeira en canto a dixitalización e uso de tecnoloxías avanzadas. A sesión terá lugar o xoves 26 de outubro no Bopolo Sionlla (Parque Empresarial de A Sionlla en Santiago de Compostela) de 9:30 a 15:00 horas. Para asistir é preciso inscribirse.
Nesta nova ronda de mesas sectoriais identificaranse as necesidades tecnolóxicas das entidades asistentes no ámbito da dixitalización e recordaranse os servizos gratuítos que ofrecen dende EDIH Datalife, organizadora destes encontros.
Os asistentes poderán falar sobre o uso que fan das novas tecnoloxías e dende a entidade tomarán nota sobre as que queiran empregar ou probar nun futuro.
Para rematar a xornada haberá unha visita a FINSA para coñecer as distintas implantacións que realizaron na automatización.