FEUGA leva a innovación agroalimentaria e forestal a Abanca Cimag-GandAgro 2025

A entidade presentará na feira os seus proxectos estratéxicos en agroalimentación e xestión forestal

FEUGA estará presente en Abanca Cimag-GandAgro, a VI Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería que celebrará na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda) do 20 ao 22 de febreiro. Na súa caseta, dará a coñecer os proxectos de innovación no ámbito agroalimentario e forestal. ´

Como entidade destacada na xestión de proxectos de innovación, canalizou máis de 6 millóns de euros en axudas para a súa execución, contribuíndo ao desenvolvemento sostible do sector e ao impulso das zonas rurais.

FEUGA presentará na feira proxectos enfocados en:

  • Optimización do uso da auga en viñedos (PRERIVID).
  • Mellora de chans e sustentabilidade agrícola (ASH4SOIL).
  • Modernización do sector avícola (SIMBAV).
  • Sustentabilidade no sector lácteo (CLIMALACT).
  • Optimización da olivicultura (OLIVITECH).
  • Cultivos de cobertura en cítricos (MAXI-CoberLEG).
  • Estratexias sostibles en viticultura (UBAVIDA).
  • Xestión sostible de bosques e plantas forestais (PLANFORLAB).
  • Desenvolvemento de prebióticos e probióticos para alimentación animal (OLIVEBIOME).

Os 9 proxectos forman parte de grupos operativos supraautonómicos, financiados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e cofinanciados ao 80% pola UE (FEADER) e ao 20% por fondos nacionais.

Ademais, FEUGA participa en 6 grupos operativos autonómicos cofinanciados por FEADER (80 %), a Xunta de Galicia (14 %) e o Ministerio de Agricultura (6 %). Os proxectos son:

  • Revalorización de residuos agrícolas para a industria alimentaria (AGRIRESVAL).
  • Desenvolvemento de variedades de chícharo adaptadas (GUIPROGAL).
  • Novos produtos alimentarios a partir de soro lácteo (SUEROVAL).
  • Agricultura sostible con algas mariñas (BIO_MARTERRA).
  • Xestión sostible de montes galegos (MULTI-FOREST).
  • Optimización do uso de xurros como fertilizantes (PURINPRECISO).

Comments are closed.