Feuga presenta os seus últimos proxectos de investigación agraria na Semana Verde
A Fundación poñerá ao dispor dos visitantes toda a información sobre os proxectos de innovación vixentes que abordan desde abellas como bioindicadores en vitivultura ata antioxidantes naturais a partir de descartes agrícolas

Imaxe da pasada edición
A Fundación Empresa Universidade Galega volve á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Silleda para achega aos visitantes unha mostra representativa dos proxectos de innovación nos que traballa dentro dos sectores agroalimentario e forestal.
Nesta ocasión, a súa caseta reunirá distintas iniciativas actualmente en marcha nas que a entidade actúa como socio estratéxico, desempeñando un papel crave como ponte entre a investigación e a súa aplicación real no territorio.
Neste contexto de innovación e emprendemento, FEUGA consolídase como unha entidade de referencia, canalizando máis de 10 millóns de euros en axudas destinadas ao sector primario. Un apoio que contribúe a afrontar os retos e desafíos actuais, á vez que impulsa un desenvolvemento sostible e axuda a aproveitar todo o potencial das zonas rurais.
Entre os proxectos que presentará na feira, atópanse 15 grupos operativos supraautonómicos, das convocatorias 2025 e 2023, promovidos polo Ministerio de Agricultura,Pesca e Alimentación e cofinanciados á 80 % pola UE a través do FEADER e ao 20 % por fondos nacionais centrados en:
• Apicultura para a predición de vendima e enfermidades (Grupo Operativo APIS).
• Utilización de algas para a elaboración de pensos animais (Grupo Operativo ALGANUT).
• Obtención de agua y fertilizantes a partir de purines (Grupo Operativo AQUAPUR).
• Gestión sostible da praga do mosquito verde da vide (Grupo Operativo GESMOVE)
• Agricultura de precisión de millo forraxeiro (Grupo Operativo FORRAXE PRECISA).
• Sustentabilidade do sector cárnico (Grupo Operativo CLIMAMEAT).
• Optimización do uso de auga nos viñedos (Grupo Operativo PRERIVID).
• Mellora dos chans e sustentabilidade agrícola (Grupo Operativo ASH4SOIL).
• Modernización do sector avícola (Grupo Operativo SIMBAV).
• Sustentabilidade no sector lácteo (Grupo Operativo CLIMALACT).
• Optimización da olivicultura (Grupo Operativo OLIVITECH).
• Implementación de cultivos de cobertura na produción de cítricos (Grupo Operativo MAXI-CoberLEG).
• Produción de viños con menor contido en alcol (Grupo Operativo UBAVIDA).
• Desenvolvemento de plantas forestais e xestión sostible dos bosques (Grupo Operativo PLANFORLAB).
• Desenvolvemento de pre e probióticos para a alimentación animal (Grupo Operativo OLIVEBIOME).
Así mesmo, FEUGA tamén presentará 6 grupos operativos autonómicos galegos, cofinanciados nun 80 % con fondos FEADER, 14 % con fondos propios da Xunta de Galicia e 6 % con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación centradas en:
• Revalorización de residuos de agricultura para a industria alimentaria (Grupo Operativo AGRIRESVAL).
• Desenvolvemento de variedades de chícharo adaptadas (Grupo Operativo GUIPROGAL)
• Desenvolvemento de novos produtos alimentarios a partir de soro lácteo de queixaría (Grupo Operativo SUEROVAL).
• Produción agrícola sostible mediante o emprego de algas mariñas (Grupo Operativo BIO_MARTERRA).
• Xestión sostible dos montes galegos (Grupo Operativo MULTI-FOREST).
• Optimización do emprego de xurros como fertilizantes (Grupo Operativo PURINPRECISO)
Para rematar, FEUGA tamén presentará un proxecto promovido no marco do programa Nexos 2025 da Xunta de Galicia e centrado no silvopastoreo intelixente para a loita contra os incendios forestais (SILVO+). Este proxecto está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea.



