O Centro Tecnolóxico da Carne lidera unha Red Iberoamericana de Alimentos ricos en proteínas rexionais sustentables

Esta Red está liderada polo grupo de investigación do Centro Tecnolóxico da Carne (Ourense), e nela participan un total de 232 investigadores de 14 países


Co propósito de valorizar as fontes proteicas rexionais e sustentables de Iberoamérica, investigadores, académicos e empresarios de varios países crearon a Rede de Alimentos ricos en Proteínas rexionais Sustentables (AlProSos), financiada con fondos do Programa de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento (CYTED).

Esta Red está liderada polo grupo de investigación do Centro Tecnolóxico da Carne (Ourense), e nela participan un total de 232 investigadores de 14 países, incluíndo Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, España, Honduras, México, Panamá, Perú, Portugal e República Dominicana. Conta con 50 grupos participantes, dos cales o 42 % son empresas, e dispón da participación de grupos consolidados con ampla experiencia no estudo de proteínas e péptidos, o que asegura a execución das actividades e a formación e colaboración cos grupos emerxentes da Rede.

AlProSos constituirase nun marco de referencia internacional a nivel científico e técnico para a obtención de proteínas alternativas e o desenvolvemento de novos alimentos sustentables con propiedades nutricionais e funcionais. Terá o apoio de expertos das autoridades de Nutrición e Seguridade Alimentaria.

Estrutúrase en 6 Grupos de Traballo para a identificación de proteínas rexionais, a súa caracterización, extracción e purificación, a avaliación da súa seguridade, a mellora das propiedades funcionais e o seu uso na elaboración de alimentos. Entre as diferentes actividades inclúense múltiples cursos de capacitación, talleres e xornadas científico-técnicas para divulgar os avances de AlProSos, así como promover estancias e intercambios entre investigadores de diferentes grupos e países.´

Destacan o apoio e compromiso das empresas pertencentes á Red que se encargarán de deseñar, elaborar e comercializar prototipos de alimentos enriquecidos con estas proteínas rexionais, o que asegura o éxito da iniciativa.

Comments are closed.