Charla sobre aspectos biotecnolóxicos da celulosa bacteriana no Campus Terra
O profesor Se-Qian Chen da Dongguan University of Technology (China), que colabora nun proxecto no ámbito dos biomateriais, será o encargado de impartila
O salón de actos da Facultade de Ciencias do Campus Terra acollerá unha charla sobre os aspectos biotecnolóxicos da celulosa bacteriana e as súas aplicacións. O encargado de impartila será o profesor Se-Qian Chen da Dongguan University of Technology (China), quen está a realizar unha estadía de investigación na Universidade de Santiago de Compostela. A sesión será mañá, xoves 9 de maio, de 10:30 a 11:30 horas.
O investigador colabora nun proxecto no ámbito dos biomateriais e a valorización das algas como fonte de alimentos, na liña das investigacións que Patricia López realiza na Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias. Chen utiliza as instalacións do laboratorio para levar a cabo os estudos reolóxicos de composites de celulosa bacteriana e polisacáridos de algas mariñas.