Curso de verán sobre o uso de micorrizas na produción agroforestal
Presentes no 95% das especies vexetais que habitan a terra, estas asociacións naturais son unha solución para mellorar a saúde do solo, a produtividade e competitividade dos cultivos e a redución da dependencia de insumos externos como abonos, fitosanitarios e outras substancias de síntese química

O Campus Terra da USC en Lugo organiza do 8 ao 11 de xullo na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría un curso de verán sobre o uso de micorrizas na produción agroforestal. Dirixido polo profesor Juan Luis Fernández Lorenzo e coa investigadora Ana Couso Viana como secretaria, contará cun total de 25 horas lectivas teóricas e prácticas en horario de mañá e de tarde. Ofértanse un total de 40 prazas e a inscrición xa está aberta e pode realizarse a través do seguinte enlace.
Este curso, que conta cun co-financiamento do proxecto de investigación Agroecology for Weeds (GOOD) financiado no marco do programa da Unión Europea Horizonte Europa, pretende integrar o coñecemento adquirido sobre as micorrizas e proporcionar ao alumnado coñecementos teóricos e prácticos, a nivel básico e avanzado, que incluirán aspectos aplicados sobre a súa utilidade a nivel de explotación agroforestal.
Existen evidencias de asociacións micorrícicas de hai máis de 400 millóns de anos, coincidindo coa colonización dos ecosistemas terrestres polas plantas. As micorrizas, presentes no 95% das especies vexetais que habitan a terra, comezaron a estudarse na década de 1910. A partir de 1990, a produción científica sobre esta temática increméntase dun xeito notable e nos últimos 20 anos, pásase de 591 artigos-análise publicados en Scopus coa palabra “mycorrhiza” en 2005 a 1462 en 2025, o que é proba da importancia e o interese que teñen adquirido as micorrizas no eido científico-académico.
O interese polas micorrizas está a aumentar como alternativa para aumentar a sustentabilidade dos sistemas de produción de alimentos
Alén do esforzo investigador, as administracións da Unión Europea están a establecer iniciativas para aumentar a sustentabilidade dos sistemas de produción de alimentos, con medidas concretas incluídas no Novo Pacto Verde (GreenDeal) ou en estratexias comunitarias como Da Granxa á Mesa (Farm2Fork).
Dentro destas iniciativas, destaca a promoción de solucións baseadas na natureza, como estratexias que cumpren varias funcións no agrosistema: aumento na saúde do solo, na produtividade e competitividade dos cultivos, e redución na dependencia de insumos externos (abonos, substancias de síntese química, etc.).
PROGRAMA
MÉRCORES 8 DE XULLO
9:30
Apertura institucional.
10:00-11:00
Introdución: os fungos e as micorrizas, características e importancia ecolóxica.
Ana Couso Viana- Investigadora Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC.
11:00-12:00
Micorrizas arbusculares, características e importancia.
MariaJesúsSainzOsés – Profesora Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC.
12:00-14:00
Asociacións fúnxicas, conservación da biodiversidade e produción vexetal
Norma Alas Gutierrez – Investigadora Dpto. Bioloxía de Organismos e Sistemas. UNIOVI.
16:00-18:00
Experiencias do uso de micorrizas en agricultura.
Nuria Ferreiro Domínguez- Investigadora Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC.
XOVES 9 DE XULLO
10:00-14:00
Obradoiro de micorrización.
Enrique Fandiño Cerqueira- PlantManager HIFAS FORESTA.
16:00-18:00
Avances na micorrización con Tubersp. en viveiros forestais.
Amaya Álvarez Lafuente – Investigadora TRAGSA.
VENRES 10 DE XULLO
10:00-12:30
Micorrización forestal e produción de cogomelos: ata onde chega a evidencia?
Santiago Lamosa Quinteiro – Profesor Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC.
12:30-14:00
Fungos micorrícicosproductores de cogomelos comestibles.
Antonio Rigueiro Rodríguez- Profesor Emérito. Catedrático do Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC.
16:00 -18:00
Fungos micorrícicosproductores de cogomelos tóxicos.
JuliánAlonso Díaz – Investigador Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC.
SÁBADO 11 DE XULLO
9:00 -17:00
Saída de campo a parcelas experimentais do proxecto GOOD.
María Rosa Mosquera Losada- Catedrática do Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. Investigadora Principal do proxecto GOOD en Galicia.
Francisco Javier Rodríguez Rigueiro – Investigador Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC.




