Curso sobre técnicas de análise de eficiencia e produtividade en explotacións agropecuarias

A formación, de carácter semipresencial, impartirase os días 25 e 26 de outubro en Lugo. A inscripción permanece aberta

Data inicio: 25/10/2023
Data fin: 26/10/2023
Lugar: Facultade de Administración e Empresas. Campus Terra (USC). Lugo.

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC acollerá os días 25 e 26 de outubro, en quenda de 16.00 a 21.00 horas, un curso sobre técnicas de análise de eficiencia e produtividade en explotacións agropecuarias. Esta actividade de carácter semipresencial está incluída no programa de formación complementaria do Campus Terra 2023.

O profesor do departamento de Análise Económica da Universidade Autónoma de Madrid Andrés Maroto será o encargado de impartir este curso, que ofrece un máximo de 20 prazas e no marco do que se tratarán conceptos sobre eficiencia e produtividade parcial, total e multifactorial; técnicas de análises de eficiencia e técnicas paramétricas e non paramétricas.

O obxectivo do programa deseñado, para o que aínda permanece aberta a inscrición en liña, pasa por achegar ás persoas participantes coñecementos e recursos para diferenciar os diversos conceptos relacionados coa eficiencia e a produtividade, ademais de achegar información respecto de diferentes técnicas de análise a través da exposición de casos prácticos.

1 Comment

  1. Inmaculada Lopez Temez di:

    Estaria interesada!