De Lugo a Estados Unidos e Australia, un repaso pola veterinaria de vacún con Ángel Abuelo
O egresado do Campus de Lugo e profesor da Universidade de Michigan imparte a charla ‘Ciencia e docencia en medicina bovina: De Lugo a EE.UU. vía Australia’
Ángel Abuelo Sebio, veterinario egresado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, participa no ciclo ‘Apaixoad@s pola Veterinaria’. A sesión terá lugar o mércores 13 de decembro a partir das 19:00 horas.
Abuelo ofrecerá o relatorio ‘Ciencia e docencia en medicina bovina: De Lugo a EE.UU. vía Australia’. Na súa intervención repasará a súa traxectoria académica e investigadora desde o seus comezos na Facultade de Veterinaria de Lugo ata o cometido científico e académico que leva a cabo na Universidade de Michigan, logo dunha estadía de varios anos en Australia.