Monólogos petiscos de divulgación científica no Campus de Lugo

Docentes e investigadores presentan algunhas liñas e proxectos de I+D a través da xornada ‘DivúlgaT’


O evento ‘DivúlgaT’ celebra hoxe, a partir das 19:30 horas, unha xornada nas dependencias do Vello Cárcere novos avances das liñas e proxectos de investigación que se están a desenvolver no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. Investigadores e docentes aproveitarán as intervencións para presentar os seus respectivos ámbitos de traballo e proxectos de I+D.

Nunha primeira parte abordaranse nove investigacións sobre temáticas dispares. Así, María José Ferreira abrirá as presentación co relatorio ‘Intervención asistida con cans nos hospital de Calde’. Seguiralle Rocío Valín e Maider Fernández con ‘Revelando o invisible’. Logo será a quenda de Elena Freire que tratará ‘As receitas da fame: o éxito dun proxecto de divulgación científica desde a antropoloxía’ e Stella Hernández con ‘A nosa lavadora de ARN’. Finalmente exporase ‘Unha ollada ao futuro dos envases alimentarios’, a cargo de Patricia Cazón.

A xornada tamén inclúe as pílulas científicas ‘É verdade que as vacas contaminan?’, a cargo de Jacobo Álvarez; ‘De Indonesia aos Ancares: Pegadas do ano sen verán nos carballos galegos’, de Ignacio García; ‘Secuestro de proteínas no tratamento do alzhéimer’, con Diego Cora, ou ‘Glico…que?’, a cargo de Nerea Gandoy.

Comments are closed.