O programa ‘Retorna ao Rural con Campus Terra’ amplía o seu prazo ata o 31 de marzo
Os estudantes poden optar a bolsas para realizar prácticas no rural galego

Campus Terra da USC en Lugo.
O programa ‘Retorna ao Rural con Campus Terra’ prolonga o prazo de solicitude ata o luns 31 de marzo. Esta iniciativa facilita a realización de prácticas en empresas ou entidades do rural galego.
As bolsas están destinadas a estudantes do último ano de grao ou de mestrado vinculados ao Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Son financiadas grazas ao convenio entre a USC e a Xunta de Galicia.
As prácticas terán unha duración dun mes e desenvolveranse entre abril e xullo de 2025. O obxectivo é fomentar o retorno ao rural e apoiar as empresas situadas nestes territorios. O estudantado interesado pode informarse sobre a convocatoria no seguinte enlace.