Seminario sobre Alimentar a vida

A reunión está deseñada para conxugar a alimentación, o patrimonio e a soidade

O seminario ‘Alimentar a vida’, coordinado pola profesora Elena Freire Paz, desenvolverase na Facultade de Humanidades e na Estación Científica do Courel os días 3 e 4 de outubro. O obxectivo da actividade é trasladar ao público as significativas aportacións da disciplina antropolóxica no coñecemento e análise do feito alimentario.

Tamén se buscará achegar ao alumnado á contorna e que revertan nas economías locais. Quérese que o alunado teña unha percepción e valoración positiva das comunidades rurais. Ademais, relacionarase a alimentación cos diferentes valores patrimoniais que nela inciden, así como coa realidade inmediata de zonas rurais sometidas a una perda constante de servizos e de poboación en condición de soidade.

O crecente envellecemento da poboación nas sociedades occidentais preséntase como un dos grandes retos contemporáneos, mostrando problemas como o da soidade non desexada, especialmente no colectivo de maiores de 65 anos.

A antropoloxía e propostas metodolóxicas baseadas na etnografía pode contribuír a ampliar os marcos conceptuais do estudo da soidade, introducindo a análise nas categorías específicas da disciplina e as coordenadas das normas culturais.

Na literatura, aínda son temas pouco abordados os vinculados ás prácticas alimentarias, ideoloxías e espazos simbólicos, entre outros, deste grupo de poboación. Existe unha relación entre a soidade e o mal estado nutricional, pero sábese menos sobre o universo simbólico ou a cultura alimentaria e a súa relación coa soidade, máis aló da percepción da diminución dos espazos culturais ligados á alimentación.

Programa do día 4 de outubro na Estación Científica do Courel:

  • 9:30-14:30h | ROTEIRO guiado polos responsables da Empresa Pia Paxaro e da Asociación Galega de Custodia do Territorio. Produtores locais presentarán as súas iniciativas e partillarán as súas experiencias co alumnado.
  • 14:30-16:00h | Pausa Comida
  • 16:00-17:00h | JULIÁN LÓPEZ GARCÍA: Mais alá de la seguridade e da soberanía alimentaria: cultura e emocións na cocina e na comida.
  • 17:00-18:00h | LORENZO MARIANO JUÁREZ: Soidade culinaria en gastronomías fitness: discursos e prácticas entre gymrats.
  • 18:00-19:00h | BORJA RIVERO JIMÉNEZ: Cultura, comensalidade e ausencia. Cando a soidade senta á mesa.
  • 19:00-20:00h | DAVID CONDE CABALLERO: Soidade e demencias. Comida, cultura e comensalidade en vidas rotas.

Os interesados en participar neste seminario teñen que inscribirse no seguinte enlace. As prazas limítanse a 15 persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *