Colaboración público-privada como motor do cambio no sector agroforestal: Grupo Operativo Ash4Soil

A emmpresa Greenalia proporciona a cinza a partir da biomasa que se valoriza na súa planta de Teixeiro

A emmpresa Greenalia proporciona a cinza a partir da biomasa que se valoriza na súa planta de Teixeiro

Os Grupos Operativos son unha das ferramentas clave na execución do Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027 para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal dentro do ámbito europeo. Impulsados pola Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas pretenden servir de ponte entre os distintos axentes do medio rural.

Trátase por tanto de agrupacións de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores, gandeiros, empresas, centros de investigación ou de formación e divulgación, que se asocian para poñer en marcha un proxecto de innovación co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.

Grupo Operativo Ash4Soil é un caso de éxito do emprego destas ferramentas. Concretamente, trátase dun proxecto financiado nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O obxectivo que persegue esta iniciativa iniciada en 2024 é o de conseguir unha mellora na calidade de solos acedos e un incremento na produtividade en plantacións forestais e agrícolas mediante o desenvolvemento e uso dun material enmendante obtido a partir de residuos de orixe forestal e gandeiro.

Para iso, cóntase cun equipo multidisciplinar coordinado por FEUGA (Fundación Empresa Universidade Galega), no que participan como socios a empresa Greenalia Biomass Power Curtis Teixeiro S.L.U., como provedora de cinzas de orixe forestal, as explotacións gandeiras Sociedade Cooperativa A Carqueixa, Agrobarcenilla S.L. e Almacenes El Boina S.L., como provedores de xurros e esterco de galiñas e de terreos agrícolas de ensaio, a empresa SELGA (Compañía Galega de Silvicultores S.L.) como provedora de terreos forestais de ensaio onde avaliar o produto, e a empresa ARESA (Álvaro Rodríguez Eiras S.L.) que achega circuítos comerciais xa establecidos entre todas as comunidades autónomas implicadas no proxecto (Galicia, Estremadura e Castela e León).

Así mesmo, a Universidade de Santiago de Compostela participa en Ash4Soil como membro subcontratado, a través do Grupo de Sistemas Silvopastorais, encargándose da formulación do produto enmendante-encalante Ash4Soil e da súa avaliación, para validar os resultados obtidos ao longo de todo o proxecto.

Ash4Soil _ Completo 05

Participación de Greenalia

Greenalia Biomass Power Curtis Teixeiro é a sociedade do grupo Greenalia dedicada á produción de enerxía eléctrica a partir de biomasa forestal na planta de xeración situada en Curtis (A Coruña). A súa capacidade de produción é de 150MWt, a través da que se xeran 50MWe. A planta de xeración entrou en funcionamento no ano 2020 e abastécese de máis de medio millón de toneladas de refugallos forestais xerados nas explotacións madeireiras de Galicia.

Greenalia Biomass Power Curtis Teixeiro conta co certificado SURE que garante a Sustentabilidade da biomasa utilizada nos seus procesos e tamén ten a certificación ISO 14001 de AENOR en xestión ambiental. Ademais, o grupo Greenalia mantén unha intensa actividade forestal a través de diversas filiais dedicadas tanto á comercialización de madeira en rolo como ao propio abastecemento de biomasa residual á planta de xeración de Curtis. No ámbito da xeración eléctrica a partir de biomasa está plenamente integrada desde o monte ata a venda da enerxía xerada.

A Planta de Biomasa Curtis – Teixeiro participa en Ash4Soil como xerador de cinzas procedentes da combustión de biomasa, tendo así os residuos forestais unha dobre valorización: a xeración eléctrica e a produción dun produto de gran valor engadido para a terra.

Desde o inicio do proxecto a finais de 2024, Greenalia recolleu mostras mensuais das devanditas cinzas para a súa caracterización físicoquímica co obejtivo de analizar o seu potencial como material encalante.

Participación da Universidade de Santiago de Compostela

A USC participará no proxecto a través do Grupo de Sistemas Silvopastorales, un dos oito grupos de investigación do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería. Este Grupo está integrado no Programa de “Investigación Agroecología e de Sistemas Agroforestais”, que coordina a investigadora María Rosa Mosquera Losada, e integra persoal dos ámbitos social (Facultade de Xeografía), produción vexetal (Escola Politécnica Superior de Enxeñería) e Intelixencia Artificial (Facultade de Físicas).

O obxectivo principal do Grupo de Investigación de Sistemas Silvopastorais é impulsar o desenvolvemento rural a través da xestión e transferencia de coñecemento para mellorar a competitividade rural e a provisión e calidade de produtos e servizos en condicións produtivas, ambientais e sociais sostibles. O grupo ten máis de 30 anos de experiencia en investigación de sistemas agrícolas, forestais e agroforestais cun enfoque en produtividade (nutrición, produción gandeira, bioeconomía), medio ambiente (adaptación e mitigación do cambio climático (secuestro de carbono do solo, avaliación do ciclo de vida, emisións de gases de efecto invernadoiro), reciclaxe de nutrientes (economía circular), biodiversidade (razas autóctonas e biodiversidade de flora e chan) e aspectos sociais.

No proxecto, Ash4Soil é o coordinador técnico que lidera as tarefas de caracterización tanto das cinzas como dos diferentes xurros a empregar, para alcanzar a formulación do novo produto. Posteriormente, tamén se encargarán de coordinar os ensaios de validación tanto en invernadoiro, cultivos agrícolas como en terreo forestal. Por último, antes da finalización do proxecto, previsto para abril de 2027, a USC participará na elaboración do estudo lexislativo do protocolo para o rexistro, atendendo á normativa europea, española e autonómica co obxecto de poder empregar e comercializar o produto Ash4Soil.logos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *