A Universidade de Santiago realiza unha enquisa para tratar o conflito entre gandaría e lobo
A enquisa está dirixida a toda a poboación de Galicia e busca recoller a opinión urbana para contrastar coa de rural
A Universidade de Santiago de Compostela lanza a enquisa ‘Gandería e Lobo Ibérico’. Está dirixida á poboación de Galicia coa finalidade de tratar o conflito social entre a gandería e o lobo. Para iso, recolle a opinión urbana sobre a relevancia do conflito e contrastaraa coa opinión rural.
O proxecto está realizado por investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo e da Facultade de veterinaria. Os creadores da enquisa indican que non se poden consultar cifras, senón que hai que contestar co que se pensa ou se cre que se sabe. Si se poden consultar termos para coñecer o seu significado.
Entre as preguntas que se estudarán están: Cre que a xestión tradicional do lobo en Galicia anteriormente funcionaba ben? Cre que o pago por danos a animais aos gandeiros é o adecuado? Como valora o uso de tecnoloxías como chips, inhibidores, drons ou novas propostas que poida facer a tecnoloxía para evitar que o lobo se achegue aos rabaños de gando?, entre outras