Agaca presenta as conclusións de dous proxectos sobre valoración do sangue de matadoiros e sobre mellora da sustentabilidade das producións cárnicas

A Xornada Divulgativa Innovación Agroalimentaria terá lugar o 18 de outubro en Santiago de Compostela e centrarase en como aproveitar e reutilizar o sangue excedente dos matadoiros e un plan para a sustentabilidade da produción cárnica

A Xornada Divulgativa Innovación Agroalimentaria terá lugar o 18 de outubro, no Hotel OCA Puerta del Camino (Santiago de Compostela), de 10:00 a 13:30h. A finalidade é dar a coñecer proxectos nos que intervén AGACA, que buscan mellorar a sustentabilidade do sector agroalimentario e reducir o seu impacto ambiental.

Na primeira parte da xornada presentarase o proxecto BLOOD4GOODS: Valorización do residuo xerado polo sangue de vacún e porcino para aumentar a circularidade dos matadoiros.

Lévano a cabo, entre os anos 2024 e o 2026, entidades de Galicia, Valencia, Andalucía e Madrid que conforman un grupo operativo da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco do Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC). Está financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Durante a xornada intervirán representantes de cada unha das 10 entidades socias, para explicar os obxectivos de BLOOD4GOODS, as propiedades e posibles aproveitamentos do sangue vacún e porcino e as necesidades nutritivas das plantas e a evolución dos fertilizantes, dous eidos de investigación do proxecto.

A segunda parte dedicarase ao proxecto FEADER 2022/044B: Plan de acción para a mellora da sustentabilidade nas producións cárnicas galegas. Este proxecto foi desenvolvido entre 2022 e 2024 co obxectivo de proporcionar as ferramentas necesarias para que as explotacións cárnicas galegas en extensivo adquiran a capacidade técnica para controlar a súa pegada ambiental, como un indicador de sustentabilidade.

Foi desenvolvido por entidades galegas e executouse no marco dos grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade, agrícola e forestal, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Representantes das entidades desenvolvedoras do proxecto explicarán os resultados obtidos e accións de mellora da sustentabilidade nas producións cárnicas galegas.

Programa previsto
10:00 h. PRIMEIRA PARTE
BLOOD4GOODS: Valorización do residuo xerado polo sangue de vacún e porcino para aumentar a circularidade dos matadoiros.

Breve descrición e caracterización do proxecto BLOOD4GOODS.
Sergio García. Responsable de área de Calidade e I+D+i de AGACA.

10:10 h. As necesidades nutritivas das plantas e a evolución dos fertilizantes.
Pablo Ramos. HEROGRA, S.L.

10:25 h. Axentes de Innovación clave en BLOOD4GOODS.
Hugo Criado. MEDRAR SMART SOLUTIONS, S.L.
Mariana Valverde. Responsable de la línea Industrias Alimentarias AINIA.
José Luís Florido. KERATIN ESPAÑA, S.L.
Joaquín Monte. PROTEIN BIOTECHNOLOGIES, S.L.

10:50h. Breve descanso para café.

11:20 h. Propiedades do sangue de porco e os seus posibles aproveitamentos.
Sergio Vega. Director de I+D+i, Sostenibilidad y Mejora Continua MATADEROS INDUSTRIALES SOLER, S.A.

11:35 h. Propiedades do a sangue de vacún e os seus posibles aproveitamentos.
Cristina Ascariz. NOVAFRIGSA, S.A.

12:20 h. SEGUNDA PARTE
Plan de acción para a mellora da sostibilidade nas producións cárnicas galegas.

Presentación do proxecto e resultados.
Sergio García. Responsable de área de Calidade e I+D+i de AGACA.

12:45 h. Accións de mellora da sustentabilidade nas producións cárnicas galegas.
Antía Vázquez. Técnica de proxectos de I+D+i del CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE.

13:00 h. CLAUSURA

Comments are closed.