OLIVEBIOME demostra o potencial dos residuos agroindustriais como base de novos ingredientes funcionais para a gandería

Os primeiros ensaios confirman a riqueza en fibra fermentable de subproductos do aceite, a oliva, o espárrago, a avea, o viño e o tomate

Granxa-porcino-SAT-O-Chope-_Porcos-proxecto OLIVEBIOME, centrado na valorización de subproductos agrícolas para a mellora da saúde animal, culminou con éxito a súa primeira fase, obtendo resultados prometedores que confirman o alto potencial prebiótico de diversas materias primas tradicionalmente consideradas residuos de baixo valor.

Durante esta fase inicial, o consorcio investigador analizou sete subproductos da industria agroalimentaria —procedentes do oliveiral, a oliva de mesa, o espárrago, a avea, o viño e o tomate—, co obxectivo de caracterizar as súas propiedades funcionais. Todos eles mostraron unha notable riqueza en fibra, elemento clave na nutrición intestinal de animais monogástricos como polos e leitóns.

Entre os achados destaca o alto contido en fibra total dos subproductos do aceite e a oliva (superior ao 60 %), a alta proporción de fibra soluble do espárrago, e a riqueza en azucres fermentables da fracción insoluble da avea (máis do 45 %), que suxiren unha excelente capacidade fermentativa e efectos beneficiosos sobre o microbioma intestinal.

Estes resultados serven de base para a segunda fase do proxecto, que incluirá a produción a escala semindustrial de ingredientes bioactivos e a súa validación in vivo en animais, tanto en condicións normais como baixo situacións de estrés. O fin último é integrar estas solucións como aditivos funcionais en pensos comerciais, reducindo así o uso de antibióticos e promovendo un modelo gandeiro máis saudable e sostible.

Innovación, ciencia e sustentabilidade agroalimentaria

O enfoque integral de OLIVEBIOME combina biotecnoloxía, investigación nutricional e economía circular. Ademais de mellorar o rendemento e benestar animal, búscase reducir o impacto ambiental dos residuos vexetais, pechando o ciclo de produción agroalimentaria mediante a súa valorización como ingredientes funcionais.

O consorcio do proxecto está formado por entidades públicas e privadas de recoñecido prestixio, como MASLINA, FEUGA, AINIA, IRTA, FABT, Microomics, Instituto del Grasa-CSIC, Lucta e San Miguel Arcángel.

LOGOS GO SIMBAV

O proxecto OLIVEBIOME está enmarcado no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, financiado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das ditas axudas.

Orzamento total do proxecto: 550.110,66€ Subvención total: 550.110,66€

O Grupo Operativo OLIVEBIOME é o responsable destes contidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *