Curso para impulsar o cultivo de cereal e a produción de Pan Galego
Terá lugar o mércores 18 de xuño no salón de actos do IBADER cun enfoque integral que abordará desde o cultivo de variedades autóctonas de trigo e centeo até a elaboración do produto final. Inclúe unha visita a Carral para coñecer os proxectos da panadería Da Cunha
A Universidade de Santiago de Compostela organiza, dentro do Plan Formativo do Campus Terra, un curso centrado na difusión do uso e consumo do pan e o cereal galego. Terá lugar o mércores 18 de xuño no salón de actos do IBADER e está organizado pola Facultade de Ciencias.
Impulsar e promocionar a produción do pan e do cereal galego de calidade é un dos obxectivos que persegue este curso, que trata de visibilizar a investigación e a innovación desenvolvida por investigadores colaboradores da cátedra do Pan e do Cereal.
O plantexamento do curso é integral, dende o campo á mesa. Neste curso, preténdese dar a coñecer ás investigacións básicas e aplicadas que se están a abordar dende o cultivo do cereal ata que se obtén o pan. O contido do curso, implica describir as últimas novidades sobre a agronomía, a biodiversidade, a xenética, a microscopía, o emprego de redes neuronais, a caracterización físico-química, nutricional e sensorial de pans, así como os estudos de mercado e a importancia económica do sector.
Daráse conta das investigacións da Cátedra do Pan e do Cereal dentro dun proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación
Entre os modulos que se impartirán figuran a Produción do Cereal Local e Sostible, Biodiversidade no Cultivo de Cereais, Trazabilidade e técnicas de caracterización de fariñas e pan, Produción do Pan Galego e a súa importancia dentro dunha alimentación saudable e a Comercilización e economía circular.
Parte destas investigación están incluídas dentro dun proxecto competitivo financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación que lidera a Cátedra do Pan e do Cereal. Este curso tamén permitirá afianzar as relación internacionais da Cátedra xa que participarán docentes da UTAD cos que se están a levar estratexias de colaboración.
Participarán investigadores da Universidade portuguesa de Trás-os-Montes
O curso, coordinado por Ángeles Romero Rodríguez e Santiago Pereira Lorenzo, estará impartido por integrantes e colaboradores da Cátedra do Pan e do Cereal e por PDI da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Realizarase no Salón de Actos do IBADER de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
As persoas interesadas en asistir a este curso-obradoiro, poden formalizar a súa matrícula no seguinte Formulario de Inscrición. Ás 15:30 está prevista unha visita a Carral para visitar campos de ensaio de trigo ‘Caaveiro’ e outras variedades, o muiño de pedra e unha panadería artesanal do Grupo DaCunha. As persoas que se inscriban e estén interesadas nesta visita deben comunicalo enviando un e-mail a campus.terra@usc.gal.