OLIVEBIOME culmina a súa primeira fase e avanza na valorización de subproductos das oliveiras para a saúde animal
O proxecto, financiado pola Unión Europea e o Ministerio de Agricultura, busca transformar residuos agrícolas en solucións nutricionais sostibles que reduzan o uso de antibióticos en gandería.
O grupo operativo supraautonómico OLIVEBIOME, completou con éxito a súa primeira etapa de desenvolvemento, marcando un importante fito na investigación de solucións prebióticas e probióticas para a saúde intestinal animal, a partir do aproveitamento de subproductos das oliveiras e outras especies hortícolas. A iniciativa, financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), iniciará o 1 de maio a súa segunda fase, na que se incorporará a Fundación Andaluza de Biotecnología (FABT) como novo socio estratéxico.
Durante esta primeira fase, o equipo de OLIVEBIOME logrou xerar os seus primeiros resultados científicos, centrados na tipificación química de diversos subproductos agroalimentarios. Esta análise permitiu coñecer en profundidade a composición en fibra, contido proteico, aminoacídico e capacidade antioxidante destes materiais, co obxectivo de avaliar o seu potencial como ingredientes prebióticos para a alimentación animal. Segundo fontes do proxecto, estes achados serán publicados proximamente e constituirán a base para o desenvolvemento de novos produtos innovadores enfocados na gandería sostible.
O grupo operativo supraautonómico OLIVEBIOME está formado por entidades con carácter multidisciplinar. Entre elas atópanse MASLINA International Trade S.L., Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), Lucta S.A., San Miguel Arcángel S.A., AINIA, a Fundación Andaluza de Biotecnología (FABT), Microomics Systems, o Instituto de la Grasa-CSIC e o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria (IRTA). Este equipo multidisciplinar traballa na identificación e valorización de subproductos como o alperujo —principal residuo do oliveiral—, explorando o seu uso como fonte de ingredientes funcionais para pensos, en liña cunha gandería máis sostible e menos dependente de antibióticos.
Coa súa incorporación na segunda fase, a Fundación Andaluza de Biotecnoloxía achegará a súa experiencia en valorización tecnolóxica de biomasa agrícola e en investigación con cepas probióticas, reforzando así as capacidades científicas do consorcio para desenvolver produtos innovadores derivados de recursos naturais.
O proxecto OLIVEBIOME persegue a creación de solucións nutricionais que promovan a saúde intestinal en animais como polos e leitóns, reducindo a necesidade de antibióticos e mellorando a resistencia ao estrés térmico en granxas. Estas solucións baséanse en procesos de fermentación biotecnolóxica controlada, que serán validados a escala semi-industrial en biorreactores e en condicións reais de explotación gandeira.
Con esta iniciativa, OLIVEBIOME non só impulsa o benestar animal, senón que tamén contribúe á economía circular agrícola, convertendo residuos agroindustriais en produtos de alto valor engadido para o sector gandeiro.
O proxecto OLIVEBIOME está enmarcado no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, financiado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas.
Orzamento total do proxecto: 550.110,66€ Subvención total: 550.110,66€
O Grupo Operativo OLIVEBIOME é o responsable destes contidos.