Curso de verán en Lugo sobre novas tecnoloxías no sector agrogandeiro
A USC organiza os días 16 e 17 de xuño unhas xornadas sobre tecnoloxías aplicadas ao rural

Imaxe de arquivo.
A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acollerá os días 16 e 17 de xuño de 2025 o curso de verán “Smart Farming: aplicación das novas tecnoloxías e da dixitalización ao mundo rural”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
O curso, que contará con 16 horas lectivas, ten como obxectivo principal analizar o papel das tecnoloxías dixitais na modernización e eficiencia das explotacións gandeiras. A dirección do curso está a cargo de Mª Mercedes Camiña García, coa coordinación administrativa de Mª Elena Fernández Rodríguez.
As sesións desenvolveranse na Sala de Xuntas da facultade e incluirán tanto formación teórica como actividades prácticas e visitas a granxas e empresas do sector. A actividade está aberta sen límite de prazas. Para máis información pódese consultar o seguinte enlace.
PROGRAMA 16 DE XUÑO
- 9:00-11:00. O caderno de campo dixital na xestión das explotacións (2 horas). Raúl Marcos Rodríguez. Arza Inxeniería.
- 11:00-11:15. Descanso.
- 11:15-12:45. Bases de datos de prescripción. Os libros dixitais de tratamentos medicamentosos e recetas veterinarias (1,5 horas). Juan Rodríguez Otero. Consellería do Medio Rural.
- 12:45-14:00. O libro de explotación dixital, Oficina agraria virtual (OVGAN) e Sistema integral de xestión da explotación (SIGE) (1,5 horas). Jesús Cantalapiedra Álvarez. Consellería do Medio Rural.
- 16:00-17:30. Actualizacións en robots de ordeño (1,5 horas). Antonio Lenza Carballedo. DeLaval.
- 17:30-17:45. Descanso.
- 17:45-19:15. Sensores e monitorización en gandaría porcina (2 horas). Mª Dolores Fernández Rodríguez e Manuel Ramiro Rodríguez Rodríguez. Escola Politécnica Superior de Inxeniería (USC).
PROGRAMA 17 DE XUÑO
- 9:00-11:00. Aplicación de sensores e monitorización en ganado vacún (1 hora). Elio López García. CEO de Innogando.
- Visita a granxa experimental do Campus Terra e demostración de aplicacións dos robots de ordeño (2 horas).
- 11:00-11:15. Descanso.
- 11:15-14:00. Visita á empresa Innogando en Arneiro (Cospeito).
- 16:00-17:30. Aplicación de drons en agricultura (1,5 horas). Xesús Pablo González Vázquez. Escola Politécnica Superior de Inxeniería (USC).
- 17:30-19:00. Cowsultor ou como xestionar os datos dunha granxa (1,5 horas). Manuel Fernández Vázquez. CONSUVET. Consulting Veterinario.